Tras do cabalo de Atila

Yago Canedo

n3yagocanedotrasdocabaloatila.html
Por entre as capas dun vento alisio
chegou a semente á miña leira en barbeito,
medrando lento entre a impaciencia e o esquecemento
Coa luz dunha raiola entre as nubes.

Tras desta mestura de codesos, ortigas e fiúnchos
está a substancia verde da esperanza da lama
duramente malferida polo inverno
que alcanzou a fértil alegría do substrato.

Arrincada a broza pegañenta e superados
os compases arrítmicos da espera,
coa chegada da outonía revelouse
que tras do cabalo de Atila pode volver crecer a herba.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega