Chove

Roi Buligan

Chove e ela esta preciosa porque afortunadamente olvidou o paraugas e o orballo vaina barnizando paseniñamente

Chove e ela esta preciosa porque afortunadamente olvidou o paraugas e o orballo vaina barnizando paseniñamente, con mil pinguiñas que se derreten agarimosas despois de bicar docemente os fíos do pelo, a súa cara morena, tamén as mans... Tampouco ten presa e deixase mollar estrañamente mentres todos pregan o nariz e a fronte e corren axitados en busca dun soportal seco. Ela sinxelamente se peitea cos dedos e ca auga miúda e se baña vestida naquela mañá de sábado e deliciosa humidade.
Estouna contemplando, non, estouna disfrutando dende a fiestra deste antigo Café, cálido e quente, sorbo a sorbo, alí soá e feliz camiñando na praza, levantando ó seu paso rumorosas vagas de pombas brancas. Recoñecin fácilmente o seu riso de luz entre a brétema cinsenta como unha nena perdida buscando cunchas soterradas nesta praza de mar e area. Quixen erguerme, deixar o café mediado, esquecer o paraugas e buscala inventando un instante, unha maxia, adormecidos no baile da chuvia.
Quixera que finxira coñecerme, que finxira dedicarme un tímido sorriso que pronunciara meu nome sen despegar os beizos...
Pero quedei ali sentado ó quente, seco, pegandolle un longo grolo ao café fumeante e os ollos inclinados ao xornal lendo sen ler, simplemente esperando a que o tempo pasase e a praza mudara de escena.
Ola, ¿ levas moito tempo esperando? - Alí estaba ela, metade soño, metade vida.
Ollando mudo, sen aire, sin alento, como sentaba ao fin ó meu carón, pensativa ca mirada limpa a través do bafo do vidro, buscándose a si mesma xogando co orballo
Volveu a fitarme 
Contesteille co pensamento palpitando nas pupilas ¿con tenrura? ¿con curiosidade?
Así que así eran as túas pestanas, asi era o color dos teus ollos, dende tan cerca, así de suave cristal soaba a túa voz . 
Dime algo
Preferiría que me pedira o ceo pero pediume palabras, algo, decirlle algo, sen pensalo, ¿cómo que? ¿Para que? ¿ de verdade queres oirme? ¿qué vas facer con miñas palabras? ¿para onde as levarás? ¿ non che chega coa ollada que repite teu nome? ¿Co tremor do meu corazón, co suspiro de miña respiración imposible? 
Gustaríame bailar contigo debaixo das nubes ata ser os dous a mesma auga ...e levou a man ata a miña, xema con xema, palma con palma, empapando a miña seca pel... e bañarte espida nos meus ollos quentes... e acercou os ollos ós meus salpicandome de bágoas frescas a mirada... e deixarme beber polo teu sorriso... e acariciome os beizos e a sede coa súa boca orballada...
Volveu a sentarse no fondo da cadeira e volveu a perder a vista no espello de pedras lavadas trás a fiestra
¿Era tan difícil? Preguntou vertendo un murmurio.
O ceo escampaba xa en un triste azul e a praza volvía a encherse de xente pero non había ninguén que contemplar,non, que disfrutar, o café estaba frio e seguía lendo un xornal en branco. 
¿Era tan difícil? Ahora soábame a angustia e a vacío.
Pode que mañá ou pasado ou algún día volva a orballar e ela olvide o paraugas e camiñe paseniñamente e nos encontremos e bailemos baixo as nubes ata ser a mesma auga...
¿É tan difícil?


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega