Historia da Lingua Galega

Xosé Antón Vicente

Donas e cabaleiros neste día de festa imos relatarlles logo a historia do Galego
Podemos traballar este texto nun escenario de xeito que cada alumno aprenda unha estrofa do mesmo e a recite. Os demais repetirán á vez e en voz alta o último verso de cada estrofa (que se atopa en vermello), servindo de pé para que o seguinte neno/a se adiante para recita-la súa.

Donas e cabaleiros
neste día de festa
imos relatarlles logo
a historia do Galego: 

¡A lingua do noso pobo!

Seiscentos anos antes de Cristo
chegan os Celtas á Terra
deixáronnos moitas palabras 

como Galicia ou Sarela.

Conquistan Galicia os romanos
no século I da nosa Era
non foi fácil, é certo

mortos houbo por ela.

Con algunhas palabras celtas
e o latín dos romanos
formouse o primeiro galego

para poder comunicarnos.

¡Non remata aí o conto!
pois vándalos, suevos e visigodos
xa no século quinto

chegaron con malos modos.

Ata os árabes do sur
que nestas terras din que andaron
deixaron moitas palabras

que hoxe en día conservamos.

Entre os séculos oito e doce
xa se falaba galego
aínda que non o facía

o notario e o crego.


Dos séculos doce ó quince
o galego foi lingua de moda
non só de notarios e xuíces

senón tamén poética e relixiosa.


(BAIXA A MÚSICA)


Pero por razóns políticas
os nobres de esta terra
son substituídos por outros

que veñen dende Castela.

Nin os cregos nin a Igrexa
botaron tampouco unha man 
e fixeron misas e rezos 

todos eles en castelán.

(SEN MÚSICA, CON VOZ TRISTEIRA)


A tristura foi moita.
A situación era moi mala. 
A nosa lingua: o galego

só se falaba na casa.

Foron case tres séculos
que algún chamou "escuros"
onde a lingua estivo presa

encerrada en catro muros.


(A MÚSICA COMEZA A SOAR,
PERO AÍNDA BAIXIÑO)

Vive o Padre Sarmiento
no século dezaoito
que traballa duro e forte

e o problema mellora moito.

En mil oitocentos oito
para avisar ós labregos
da "Invasión Francesa"

poñen bandos en galego.

Un científico tras outro
no século dezanove
preocúpanse por Galicia

polo moito que lles doe.

(MÚSICA ALTA,
PERO QUE PERMITA ESCOITAR).

Un 17 de maio
unha muller de Padrón
publica "Cantares Gallegos".

¡O "Rexurdimento" comezou!.

Cen anos despois
decidiron elixi-lo día 
para festexa-la lingua

e sobre todo a Rosalía.

E xa neste ano que estamos
capicúa e ventureiro
disfrutemos das Nosas Letras

con Frei Martín Sarmiento.



logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega