Intres

Francisco Xosé Domínguez

intres

              -I-
Na galiza, todas as vacas teñen nome.
As arañeiras tremen
cando as xanelas baten,
e brillan os cristais azuis
alumados polas maceiras brancas
que rin na horta.
 

              -II-
Cando subín ao Pindo
polas costas sonoras do Xallas,
vin a luz do Carrumeiro
unha estrela-semente
deitada na ría.
 

              -III-
Contra a noitiña as árbores
contan os dediños do neno
son abeiro e lar dos paxaros
que acougan nas súas polas.
 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega