Terra Chá, homenaxe MM

Lied

n3liedterrachahomenaxemm.html
     Abadín soa igual que Aberdeen. Os da montaña teñen a cara colorada e os ollos craros. Romariz. Quende.
     Vinte pasear dúas ou tres veces cos ollos craros, escondendo neles o reflexo das lagoas infindas das paizaxes cunquerianas e Terras de Miranda. Espida nos meus ollos escuros, do Val de Brea, onde recoñecemos ós montañeses, e envexamos non ser mási altos, mási pálidos e colorados, coma vós. Bretoña.
     É curioso que Highlander sexa montañés, e os da montaña, sexan da Terra Chá, e os Highlander nunha traducción fílmica foron Os Inmortais. Os meus ollos así vos viron, inmortais, pobo achegado, emigrado, escapado, berce de nación, de sentimentos, queixidos, imaxinación. Un montañés no Val de Brea, escoitámoste. Sentímoste.
     E eu quedeime mirando para aquela rapaza montañesa, de cadeiras fílmicas, e andar bretón. Maeloc, bispos e demos, Merlín. Senteime no meu propio berce, abracei o meu propio peito, e esperei polo San Cosme da Montaña. Último viaxe da miña avoa, última parada á vida. Subo o Fiouco coa faciana de miña avóa, vou cara A Pastoriza imaxinando a inmortalidade. A súa, a túa, a da rapaza montañesa.A da avóa.
     Paisaxe celta, irmán. Da mán da rapaza montañesa, encorvado para non ferir ó ceo, de pé, orgulloso desa illa na miña nación, de visitante mindoniense na veciña Terra Chá, onde Abadín e Aberdeen, e ti, inmortal.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega