28/novembro/2004

pouc@s e vag@s

n2poucosevagos28novembro2004.html

     Mirando o mar e ollando esa gran amplitude quero a liberdade. A túa e a miña. Mirando o mar quero esquecelo todo; a túa grandeza dáme folgos pra seguir. Mirando o mar sabemos que só nos queda esa escuridade infinda, pero mañá será outro día e pra nós sairá un novo sol. Ademais temos unha botella de cervexa baleira que encheremos con ansia galega e mais co fume do magosto inventado por Ribas. Mirando o mar vou ve-la botella ir xunto cos malos recordos, buscarei a tranquilidade, irás con ela, non quero chorar máis.
Non digas chorar, non digas imposible e sobre todo nunca digas nunca; palabras baleiras e sen sentido neste noso mundo que moitas veces parece absurdo, en troques di esperanza, liberdade ... baléirate de inxustizas opresoras que te redimen e te converten en nada e ...

¡loita! (énchete da ilusión de que che paguen con sorrisos cando fas xogos malabares)

     Loitarei, loitarei pola liberdade e pola esperanza que dicides, porque eu tamén creo nelas. Non digo nunca, digo agora. Os malabares énchenme dos sorrisos que preciso. Rapaces: SEMPRE SEGUIREI LOITANDO POLO QUE CREO !!! (espallarei vagalumes por todo o mar para que nunca, NUNCA MÁIS, me sinta perdida nesta escuridade que me asulaga).

Se choras por perder o Sol
non poderás ver as estrelas.




Nota a pé de páxina: Viva GZ, Beibe.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega