Cincuenta anos de Merlín e familia
Durante o ano 2005
celebraranse por todo o país actos conmemorativos do quincuaxésimo aniversario
da publicación de Merlín
e familia. Tanto o texto como o seu autor, Álvaro
Cunqueiro, serán protagonistas dun importante número de eventos cos que se
tenciona homenaxear o escritor mindoniense e dar a coñecer o seu legado
literario.
Exposición
A Editorial
Galaxia organiza, en colaboración coa Consellaría de Cultura e o Museo do
Pobo Galego, a exposición "50 anos de Merlín e Familia", que
permanecerá aberta até o día 30 de novembro e coa que se pretende facilitar o
achegamento ao universo cunqueirán a partir dunha proposta interactiva dirixida
a todos os públicos.
O acto de clausura celebrarse ás 20 horas do día 30
no Museo do Pobo Galego e consistirá nunha mesa redonda en que, so o título
"Novas voces celebran a Cunqueiro", participarán Ana
Romaní, Fran
Alonso, María
do Cebreiro, Daniel Salgado, Antón Lopo, Yolanda
Castaño e Xosé Antonio Neira Cruz.
|
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega
|