A última obra de Nélida Piñón será lanzada en Galiza na súa versión orixinal

     No 29 de Marzo, terza feira, ás 20.00 horas, terá lugar na Galería Sargadelos o lanzamento do romance de Nélida Piñón Vozes do Deserto, publicado por Candeia Editora. No acto participará a autora, que estará acompañada por Carmen Villarino, profesora titular de Literatura Brasileira da Universidade de Santiago de Compostela, e Elias J. Torres Feijó, representando a Editoria.
     O libro Vozes do Deserto, último romance de Nélida Piñón, foi editoado no seu orixinal por Editora Record no Brasil, por Círculo de Leitores para Portugal e por Candeia Editora na Galiza, nun acto sen precedentes e dentro da filosofía e obxectivos da Candeia, que pretende achegar ás galegas e galegos as obras dos escritores brasileiros, portugueses e africanos de lingua portuguesa no seu orixinal.



Tertulia no MACUF

     A autora estará presente igualmente no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa da Coruña (Avda. de Arteixo s/n - A Agrela-Bens) o día 31 de Marzo, nunha tertulia do ciclo "A arte da conversa" en que  Nélida Piñón partillará conversa con Víctor F. Freixanes, director da Editorial Galaxia.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega