BVG Voltar atrás |
A Asociación Cultural Monte Branco de O Couto (Ponteceso) apresentou o IX edición do Simposio pondaliano, que un ano máis homenaxeará a Eduardo Pondal; o evento celebrarase entre o 7 de outubro e o 4 de novembro na Casa dos Veciños de O Couto. As xornadas didácticas terán lugar todos os martes do mes outubro e o primeiro de novembro. O simposio contará coa asistencia de destacados intelectuais e especialistas na obra de Pondal, como Salvador García Bodaño, Xesús Alonso Montero, Castro Romay ou Manuel Ferreiro Fernández, que apresentará a versión definitiva da obra Os Eoas. Asimesmo, están previstos outros actos complementarios como a actuación da coral da asociación ou unha ruta turística pola zona. IX Simposio Pondaliano
O día 21 de outubro ás 19:00 horas celebrarase na Casa dos Veciños de O Couto un recital-concerto sobre poemas de Eduardo Pondal. A compañía Casa Hamlet é a encargada de pór en escena Escuro enigma son eu. A entrada é gratuita.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |