Biblioteca Galega de Bos Aires

     A Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina, que este ano conmemora o seu 85º aniversario, inaugurou a Biblioteca Galega de Bos Aires. Esta biblioteca pública convértese na primeira no seu tipo fóra de España.

     Estará conectada á Rede de Bibliotecas de Galicia e porá a disposición de toda a comunidade o catálogo bibliográfico e arquivístico de Federación, que alcanza os 12.000 volumes.