Centenario de Curros Enríquez

Asociación Socio-Pedagóxica Galega


    Bitácula sobre Curros e o Centenario da súa morte.

 

Fundación Curros Enríquez. Centenario 1908-2008


    Consulta do programa Centenario de Curros Enríquez na Fundación.

 

Actividades itinerantes para lembrar a Curros Enríquez no centenario do seu pasamento


    A Consellaría de Cultura e Deporte e os concellos de Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago e Pontevedra organizan o programa Centenario Curros Enríquez, no que o escritor é homenaxeado cunha serie de actividades que se desenvolverán en cidades e vilas galegas ao longo deste ano. As actividades arrancan o 25 de abril na Coruña coa inauguración da exposición "Curros Enríquez. Nación, liberdade e progreso".

Máis información na Consellaría de Cultura e Deporte.

 

Xornadas virtuais da AELG sobre Manuel Curros Enríquez


    A Asociación de Escritores en Lingua Galega e a As-Pg en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galiza, abren o prazo de matriculación para as Xornadas Virtuais sobre Manuel Curros Enríquez, un curso de Formación a Distancia en liña para os docentes de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato que permitirá ao profesorado interesado na didáctica da Lingua e Literatura Galega asistir, a través de internet e sen necesidade de se desprazar, a estas Xornadas para as que se tramitou a homologación ante a Consellaría de Educación e Ordenación Universitariapor un total de 20 horas.
Poderán participar así mesmo as persoas que, sen ser docentes, teñan interese na figura deste escritor.
Os Socios/as da Aelg poderán matricularse até o 30 de abril gratuitamente no enderezo electrónico: admin@algarada.net
Máis información na Aula de Escritores da web da AELG.

 

Cortexo de honra a Curros Enríquez


    O vindeiro sábado 5 de abril terá lugar o acto cívico "Cortexo de Honra a Curros Enríquez". O acto comezará ás 17.30 h no cemiterio de San Amaro e finalizará no monumento de Francisco Asorey, nos Xardíns de Méndez Núñez, despois de varias paradas en distintos puntos do percorrido. A actividade, organizada por Concello e a RAG, conta coa colaboración da Deputación da Coruña e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.    



logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega