|
|
ErotizarteA Sala Esmelgar Arte e Comunicación de Lugo albergará por primeira vez o festival de arte e cultura erótica 'Erotizarte', que se celebrará a partir do día 21 de Xuño.
Neste encontro reúnense máis de sesenta e nove creadores, entre pintores, escultores, poetas, músicos, actores, bailarines ou fotógrafos, con autores como Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Lois Diéguez, Darío Xohán Cabana, Paco Pestana, Santiago Catalán, entre outros.
O programa de actos inclúe varios recitais de poesía, unha representación coreográfica de Juan Carlos Zahera, a proxección dun filme mudo erótico, un espectáculo de teatro con Paloma Lugilde e a actuación do grupo Stranniki.
Alén disto, na galería haberá un posto con venta de obxectos e publicacións de carácter erótico.
![]()
![]()
© 2006 Biblioteca Virtual Galega