Pasamento de Isaac Díaz Pardo

     Isaac Díaz Pardo, doutor Honoris Causa da Universidade da Coruña no ano 2007, faleceu na Coruña o día 5 de xaneiro de 2012 aos noventa e un anos de idade. A súa figura é fundamental para coñecer a evolución de Galiza ao longo do século XX.
     A Biblioteca Virtual Galega quere expresar a súa máis profunda conmoción por tan lamentábel perda e súmase ás manifestacións de condolencia que o mundo da cultura está a expresar á súa familia.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega