Día da Galiza Mártir

Oleiros
     O Concello de Oleiros celebra o 17 de Agosto o Día da Galiza Mártir en homenaxe ao galeguista Alexandre Bóveda e a todos aqueles que teñen morto en defensa do país. Así, a entidade municipal decidiu desenvolver un ciclo de curtametraxes galegas, con filmes como "As muxicas", de C.A Alonso; "Os difuntos falaban Castelao", de Tomás Conde e Virxinia Curá; "O matachín", de Jorge Coira, e "Amor serrano", de Luis Liste. As proxeccións comezarán ás 23:00 horas na Praza da Liberdade, e o pase é gratuito.
     Neste ciclo de filmes cóntase coa colaboración da Agrupación Alexandre Bóveda.


A Pobra do Caramiñal
    
Entre os actos organizados polo Bloque de A Pobra para celebrar o Día da Galiza Mártir terá lugar unha ofrenda floral, unha proxección e unha charla, que se celebrarán na Rúa Alexandre Bóveda a partir das 20:30 horas.


Poio e Pontevedra
    
Á efemérides sumaronse os Concellos de Poio e Pontevedra, onde se levarán a cabo os diversos actos programados. A homenaxe dará comezo ás 13:00 horas, en A Caeira, cunha ofrenda floral e coa intervención do Alcalde de Poio, Luciano Sobral, de Anxo Quintana e do presidente da Fundación Alexandre Bóveda, Fernando Quintela. Unha hora antes, ás 12:00 horas, no Casal de Ferreirós, terá lugar a apresentación de 'Alexandre Bóveda, unha crónica de Galiza Mártir', un proxecto de Xan Leira, que abrangue un filme, un libro e unha mostra sobre o ilustre galeguista.
     Pola tarde, os actos continúan no Municipio de Pontevedra, no cemiterio de San Mauro. Ás 19 horas, terá lugar unha ofrenda floral coa presenza de David Otero, da Fundación Alexandre, e máis tarde, ás 20:30 horas, na Praza de Curros Enríquez intervirá Uxío Breogán e Bieito Lobeira.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega