BVG Atrás Índice de Páxinas |
Onde tanto me teño sementado |
||
Páxina 5 |
Epílogo
ADEUS, ESCOLA
Adeus, escola.
As miñas mans de oleiro
xa non modelarán a túa arxila
vertixinosamente, sen apuros,
doridas, satisfeitas, expectantes.
A túa arxila ... tenra,
de matices tan varios e tan densos,
e gratificadores e frustrantes ...
Xa non serei poeta de metáforas vivas
intentando rimar o son das aulas
e as imaxes de vida,
intentando desesperadamente,
entusiasta e alegre
levantar as persianas pouco a pouco
e deitar de repente sobre o torno
unha explosión de auroras.
Adeus, adeus, alcouve de futuros
inzado de esperanza e de impotencia,
regado con orballos mañanceiros,
telúricos e frescos,
con bágoas de fracasos e de éxitos.
Adeus escola torno alcouve azul
de Riomaior
onde tanto me teño sementado.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |