Carta, mecanografiada tamén no orixinal, de Xerardo Alvarez Limeses
ao seu xenro Bóveda, comunicándolle a baixa no P.G. dun fato de
galeguistas pontevedreses.
El Inspector-Jefe de 1ª. Ensenanza
de Ia provincia de Pontevedra
Particular
Poyo pequeno, 19 abril 1935
Q.º Xandro.
Hora e xa de que te poña unhas liñas por máis
que mentras non sepamos de que chegan o teu poder é perde-lo tempo
escribirte.
Onte a noite pusen un telegrama de mañan pra
decirte que as cartas que Amalia escribe veñen todas devoltas. Sen
dubida se te esquenceu avisar no Cerreio e ti estás sin saber dos teus
e Amalia está intranquila e case que desafinzada o ver que estante ti
ahi dende o trece, lle chegan as cartas devoltas con membrete de 14 e do
16. Supoño que agora ca a miña decatadura xa evitarás que iso siga
ocurrindo.
Estamos eiqui dende o sábado o sexa fará maña
oito dias en que chegamos a Baión e nos atopamos ben. Os rapaces estar
contentes con nos aquí e a pequena convidase a xantar case que tódo-los
dias. Handriño é a mín a quen prefire. E Xosé Luis vaise con todos.
Tua muller xa suporás que enfeitizado con
ternos eiqui e po-lo de agora hastra a Teresa paresce estar pagada de
compaña. Xa veremos si todo segue o mesmo nistes reinos cristians.
O miercoles din unha letura na Radio sobor das
festas da Seman Maior na vella Pontevedra que paresce que agradou. «Labor
Galega» fixo unha Seman a xeito e a min encaxaronme tratar de iso con
dous dias de adianto, pero a cousa foi saindo.
Non teño que darte tan boas noticias adrede
das cousas de galeguismo. Istas creio eu que van cada vegada máis mal
po-lo menos no que di o desgosto con que ollamos moitos do partido a
maneira como vai rexido. O Mitin do día 14 foi unha verdadeira
desgracia. O comunista que falou dempois de Xerardo dedicouse a
deslousar o galeguismo e apricouse ate a sua sardiña. A saída a
manifestazón que se formou foi case que comunista pois os vivas que
soaban eran «Viva Ia Revolución social, Viva Rusia, Vivan los héroes
de Asturias». Xerardo creo que non foi na manifestazón nin asistiu o
banquete e que marchou desgostado. Non o sei porque non o vin; peru
dixeronme isto.
A Xerardo lle perxudica moito esta tendenza na
que il anda metido pois lle resta traballo profesional e simpatias.
Diario o «Progreso» meteronse co il e pola outra banda tampouco
rescibiu satisfación de maneira que non vexo que vai ganando.
Eiqui estamos resoltos a irnos do partido
Filgueira, meu hirman Xose, meu fillo Xose M.ª, os dous Caramés, Sesto
e outros xovenes que non podemos ver con vos ollos a entrega do
galeguismo os enemigos da Relixón. Coidamos que isto retrasará a
Autonomía máis inda que a traxese non a queremos a conta de
descatolizar máis do que xa os descatolizaron aos nosos labregos que
non han de ter compensazón cos bens materials que de ela lle veña cos
espirituals que perdeu, que é perdelo todo.
De maneira que haxa ou non haxa partido de
dereitas, cousa que a min non me gosta, eu fora da cuestión relixiosa
considerome máis de izquierda que moitos izquierdistas, o conto é que
non é xa posibile seguir nin un dia máis no partido porque a concencia
Ile di a un que está facendo un gran mal pra si mesmo e pra os máis.
Eu seguirei pagando a «Miña Terra» pero o recibo do partido xa non.
Si fai falla axudar a soster a Víctor Casas o farei tamen gostoso pero
outra cousa non.
Eu creio que a culpa do que ocurre é nosa por
non habere oposto dende o primeiro momento a isa tendenza pero faltounos
coraxe pra ilo e agora hai que deixarvos que vos convenzades por
vosoutros mesmos de que a causa do galeguismo ha perdido máis que ha gañado
co isa aventura. Aquil respeto que merescian seus ideales estase
perdendo a cada hora que corre e aquela hirmandade tan estreita tense
que romper cando das cousas de concencia se trata.
Supoño que habedes de seguir recibindo da
lzquerda galega os agraveos de costume que os partidos cos que ides se
aporveitaran de vosoutros pra os seus fins sen compromiso algun pra o mañana
porque non vexo en ningures o menor sinal de acougo. Nisto gostame máis
a craridade e franqueza dos comunistas.
Tampouco coido que os favorecerá nada nin a ti
nin a Castelao que pedisen a vosa volta na mescolanza ca amnistia pra os
que en Asturias fixeron o que fixeron as fortes censuras o goberno e os
vivas a revolución social. Celebrarei trabucarme e que iso non sexa un
tollemento máis pra vosa volta.
Non te digo máis. Que as tuas esperanzas sexan
axiña unha realidade e que no intre
leves o millor posibile o apartamento. Moitos recordos a Felesa que nos
doe que haxa estado doente e dille que presto lle escribiremos a ela
todos os da casa. E pra ti unha aperta de teu pai que che quere e
remembra moito.
|