Suliñáronse os seguintes termos: tecedeira

A tecedeira de Bonaval

Páxina Anterior

Capítulo XXIV (páxinas 337-346)

Páxina Seguinte

m4alopezferreiroatecedeiradebonaval0025.html



[páx.337]


XXIV


A CAMPAÑA DO SEÑOR RODRIGO


A o fin, ao cabo d' oito dias, avisado a tempo pol-o físico, según o que concertaran na primeira entrevista, pudo sair o señor Rodrigo do seu escondrixo. E aquela foy unha boa ventura pra Catuxa; porque, desde aquela hecha, todol-os dias de Dios lle iba o pan e compango da casa de Bendaña, sinte as limetas de viño vello do Riveiro, que de cando en cando saian da ben provista bodega do mismo señor. Porque, o que ela quixese sair de Santiago pra unha aldea, como ripitidas veces lle propuxera o señor Rodrigo, non hay que pensalo; pois cando se lle falaba desto:


[páx.338]


     Ay! Sr. Rodrigocontestaba ela,si sua mercé me quer ben, non queira que eu vaya a deixar meus osos a sitio onde non poidan acougar.
     E d' aquí nadi' a sacaba.
     PoI-o cual o de Bendaña renunciou a volverlle pol-a palabra: mais, por eso, íballe de cando en cando a facer as suas visitas, e a consolal-a e animal-a.
     Boo foy que, con taes maeciñas, foyse a muller arriscando e levantando a cabeza; e con eso o home creyeu que era chegada a acasion pra poñeren práutica certos proyeutos que se lle viñeron ao caletre. Unha tarde, que estaba de chola (a fiis de Febreiro), foyse, como de costume, a vel-a. Hachándoa bastante serena e atranquilada facendo unhos novelos, despois de outras cousas váreas, comenzou a falarlle con moito amor e agasallo desta maneira:
    Pol-o que teño entendido, non sey que tés tí con Taresa e Taresa contigo, que non vos tratades nin falades como é razon que se traten e falen nay e filla. Pol-o visto, o diaño, que xa sabemos o endormenante que é, procatouse de que aquí era acasion de facer unha das suas, e, cas suas andórminas e cas suas artes, quíxovos encerellar e incirrar hastra poñervos unha


[páx.339]


pr' a outra como nésporas. O que eu estraño, é que tí, sendo tan boa cristiana como sempre fuche, te deixes apodrentar por tanto tempo nese mal estado, con tanto peligro da tua alma e tanto escándalo dos teus viciños. Quero supoñer que tí non eres a da culpa; e por eso, pra min que sempre te apreciei e te quixen ben, e un cargo de concencia non facer algo pra axudarche a sair deste mal paso. E como sei que Taresa está disposta a pidirche perdon e a darche cantas satisfauciós teñas por ben pidirlle, quero que Taresa, aquí, diante de min, se humilde e che bique os pes en sinal de arrepentimento, e que tí lle des o teu pase e seguro. ¡E con esto!...
     ¡Ay, señor! elle moy solerma! sua merce non-a conoce ben! nin quero que veña aquí cas suas pantominadas, que me teñen tan chea, tan chea, que xa non podo nin de lonxe aguantalasinterrumpeu Catalina, empezando a estirar os beizos e inflar as faceiras.
     Pois estonces fagamos unha cousa; maniféstame tí a min todas cantas queixas teñas dela, que eu despois lle darey unha boa carda, que che aseguro, a fe de quen son, que che ha de quedar mais mansa e mais branda qu' unha seda.


[páx.340]


      Eu, señor, farey todo canto sua mercé me mande, por darlle gusto e compracelo; pero desconfíolle, elle moy xota e desleigada.
      Déixame a min, que a outros poldros mais feros xa os eu amansey: tí dime de que pe coxea, que, o endereitarcha, corre da miña conta.
     Diol-o oya, señor, e a min me dea pacencia pra sufrila. Pois o caso é, señorsigueu Catalina, apertando o bico como aquel a quen lle salen aa forza as palabras do corpoo caso é que eu non vin rapaza mais túzara qu' esta miña filla. Parez que goza en levarm' a contra en todo. Basta que eu djga que este pano é branco, pra que ela terquee que é negro. E coidado que ela non foy sempre así: cando mais nova, era mismo unha ixola de man, como unha mandria. No-me levantaba ollos, e pra min non tiña sinon monadas e aloumiñamentos: hastra me fastidiaba con tanta garatusa. Pero despois ¡vaiche boa! cambióumelle de vez fíxose tan néspora como ve sua mercé. E todo esto, sábelle sua mercé de que manon? Manoulle de que ela encaprichouse ahí con un chiquilicuatro que lle revolveu o seso.
     Difícile sería describir os xestos e os visaxes que facía Catalina, debilitada como estaba, mentras iba dicindo o seu conto. Unhas veces,


[páx.341]


poñía a voz gorda, outras, finiña, finiña como a da mais esgomiada rapariga; cando levantaba a voz, cando a baixaba, percurando acompañar sempre co tono da voz os xiros da conversacion, e arromedar aos que supoñía falando con ela. Porque nos, do seu discurso, non fixemos mais que apuntar o fio, pra non cansar aos nosos leutores con tanta digresión, con tantas veces interrumpir o conto e volver a él, como lle sucedía ao Sr. Rodrigo,que xa escomenzaba a arrolar no tabolete en que estaba sentado.
     Pero non está aquí o peor malcontinuou Catuxaque xa sabemos o que é a mocidá: o peor é, señor, non llo podo dicir, nin quero que m' acorde.
     E logo ¿qué mal che fixo a tua filla? perguntoulle o Sr. Rodrigo, tirándolle da lingua pra que acabase de esbochar; porque anqu' él, poI-os antecedentes que tiña e poI-o que poidera ouservar e oir no tempo qu' estiverá alí escondido, estaba ben enteirado da cousa, quería que ela botase fora toda a malicia que tiña no peito. E anq' ela ben se acordaba de que xa en algunha acasion falara co Sr. Rodrigo sobre o particular, agora facíase a esquecida, porque tiña medo de que, resucitando


[páx.342]


aqueles recordos, o hachase pouco disposto a poñerse de parte dela.
     Direille, señor, direillecontinuou Catalina, arrancando un ¡ay! do fondo do peito e tomando folgoque nunca coidey que tal me poidera pasar. Fará cousa de cinco ou seis meses apareceu morto, ahí no principio da Rua de San Pedro, un mozo garrido com' unha estrela. O tal mozo ¡mal pocado! estaba cego por Taresa. As voltas que tal dou, o que él discurreu e traballou pra qu' ela o quixese, si eu llo fora a decrarar, tiña pra un boo anaco. Nin o anamigo fay mais pra ganar un alma. ¡Ben pouco consigueu o probe de todal-as suas carreiras e afás! ¿Faríalle ela siquiera o caso que se lle fay a un can que pasa pola calle? ¿Tendría ela un triste cuarto de hora pra poñerlle algunha vez boa cara? Ay! Sr. Rodrigo! corazon mais duro que o desta miña filla, nunca o vin, nin quero vel-o! ¡Non sey de donde saleu! Nin que fose d' un tigre podía ser mais descastado! Cando o vía diante, paricía que o quiría tragar cos ollos, que non pra outra cousa o miraba a veces! Acórdome ben da última vez que estivo aquí na casa, que saeu mais cortado, que era pra abrandar a un seixo. ¿E querrá sua mercé creer, que ela quedou tan tesa como


[páx.343]


si nada fora? En fin, señor, pra acabar, aos poucos dias foy cando apareceu morto ese mozo na calle.
     ¿E quen-o matou?
     Eso cay do seu peso. Pergúntello a esa e ao seu compinche, que é tan boo como ela.
     O que cay do seu peso e que non se culpe a nadie sin probas suficientes. Eu puden enteirarme de como pasou eso, pois o caso foy bastante púbrico, e o que todo mundo sabe, dí e repite,é , que quen matou a ese mozo, foy a ronda.
     A ronda sería, pero a ronda sin mais nin mais, non-o facía. Si o fixo, foy porqu' alguen lIe dou a man.
     Nadie lIe dou a man nin o pe pra facer tal desmánrepricou xa con mais garbo e sequedá o Sr. Rodrigo, e botando ao mesmo tempo unha ollada aa probe Taresa, que, pálida, pálida com' a cera, estaba escoitando como esbochaba sua nay. Parecía unha estadea, sin mais señal de vida que a suficiente pra espresar a resinacion con que estaba disposta a sufrir que a nay contase e raxase no mais vivo das suas entrañas, co puñal de tan atrocismas inculpalons.
     A ronda non matou o mozo ese por in-


[páx.344]


ducimento de nadiecontinuou o señor Rodrigo;antes ben, matouno contra a sua intención, e a proba é que o Alguacil maor, tan pronto oleu qu' estaba morto o mozo, mais que de presa fuxeu de Santiago e ainda non apareceu. E estráñame moito que ti, sendo tan boa cristiana como sempre eu hasta agora te tiven, non teñas mais recelo de formar e manifestar xuicios tan caluniosos, e tan temerarios tan contra o que manda a ley de Dios. Debes saber que mentras non te retrates e percures desvanecer eses malos pensamentos, estás en pecado mortal, e mal sería de tí si Nostro Señor che chamase agora a rendir a tua conta.
     Ante aquela rociada do Sr. Rodrigo, Catuxa, quedou un pouco parada; mais logo, recapacitando, dixo:-Si faley mal, perdone, Sr. Rodrigo, que a min, moitas veces, con esta peleira que Dios sabe cando me deixará, bárreseme o sentido e nin siquiera sey o que digo. Por Dios lle pido que me perdone e que non me leve a mal as miñas pantasmadas. 
      Quen che ha de perdonar ha de ser Nostro Señor, poI-o que o ofendiche con eses malos pensamentos e eses ditos inxuriosos do próximo. Eu, lexos de ter que perdonarche, ainda


[páx.345]


che estou contento e agradecido pol-a mostra de confianza que en min fas, ao manifestarme tales cousas.
     Ay, Sr. Rodrigo! Sr. Rodrigo! si en sua mercé non fago confianza ¿qué outra presona me queda neste mundo en quén poida facela? ¿Pudera facer mais por min meu pay, si volvera a este mundo, que o que fay sua mercé?
      Non che digo eu que non te queira ben, e que non che desee tanto ben como para min. Pero por eso che dou estes avisos e estes consellos, que, no meu pequeno entender, estás nun punto en que che fan boa falla; e o que che pido e que non-os esquezas.
     Por Dios, no me diga eso, Sr. Rodrigo; pra min, señor, as suas palabras foron sempre com' un libro; e espero que desta vez non lle hey de dar motivo pra que sua mercé pense outra cousa.
     Pois, agora, descansacontinuou o de Bendaña, erguéndose e dispoñéndose pra marchare percura, repito, botar fora eses pensamentos e esas tentacions do anemigo.
     O Sr. Rodrigo contentouse co terreno ganado naquela tarde, e tivo medo d' apurar mail-a cousa; pois ben se lle procataba que n' aquel negocio había que andar como cos


[páx.346]


ovos. Deixou pra outro día o adiantar mail-o asunto; xa que os seus porpósitos non se limitaban a matal-a desconcordia que había entre nay e filla, sinon que iban mais aló; a darles a man pra gobernarse e botal-as suas contas pr' o día de mañan, e a axudal-as, pois a elo o enducía a bondá do seu corazon e o intrés que por ambal-as duas lle fixeran tomar o seu trato e boa correspondencia. Sempre lle prouguera o deseyo de Catuxa de querer colocar a tempo aa sua filla; e doíase de que a louca pasion por Gonçalvo todo o descompuxese e desmarañase. Por outro lado, estaba ben convencido de que Taresa, ou non se casaría, ou; a facelo, soilo o faría con Rodrigo de Abril. Pol-o cual, tomou os seus informes; e como non descubreu mágoa nin lácara ningunha na reputacion que gozaba o rapaz, resolveuse a encamiñar as suas maniobras pra ver o que se podia conseguir por este lado.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega