Suliñáronse os seguintes termos: tecedeira

A tecedeira de Bonaval

Páxina Anterior

Capítulo VII (páxinas 99-112)

Páxina Seguinte

m3lopezferreiroatecedeiradebonaval008.html




[páx. 99]

VII


EMBAIXADA



A
que o Arcebispo soupo, ao outro día, o que pasara, recebeu grande pesar e afeutouse moito co disgusto. Dou enseguida ordee para que soltasen a Nicolao e a Cutrin, e que se recollesen no Palacio todol-os mais criados que poidesen, e en todal-as visitas que recebeu aquel día, pois foron a cumplimentalo como de costume o Cabídoo, o Concello, a Universidá e outras moitas personas, fixo conversaçon do caso e lamentouse con graves e sentidas palabras do que ocurrira.
     Ao siguente día, para exparexerse, baixou aa
 


[páx. 100]


Catedal para inspeucionar importantes obras que se estaban levando a cabo na eirexa, e, sobre todo, para ver por si mesmo en que estado iba a costodia, que era o que mais Ile chamaba a atencion. E nefeuto, asi que entrou, xa sinteu martillar de firme ao maestre Guillen e a seu compañeiro Pedro Flamenco con seus oficiaes que estaban asentando a gran reixa da entrada do coro. Sigueu para o altar mayor, e postrado sobre as gradas, fixo oraçon diante da imaxee do Santo Apóstolo. Despois volveu axunta os ferreiros que asi que o viron pararon ca obra e un pouco sorprendidos quedaron como quen non sabe que facer. É de adevertir que o Arcebispo D. Alfonso de Fonseca, deixou, aa sua morte, dous millons de mrs. para que cos réditos deles se fixesen unhas reixas boas e ben primorosas para cerrar a capela mayor e coro, e esto en atencion a que a eirexa compostelana era unha das tres mais principaes do mundo. Cinco anos levaban o mestre Guillen e Pedro Flamenco mallando; ferro e mais ferro, e xa tiñan asentadas as de arredor do altar mayor e agora estaban rematando a sua obra, colocando as reixas do coro. O Arcebispo D. Gaspar acercouse, e comprendendo o aturrullados que estaban os ferreiros:


[páx. 101]


     —Vamos —díxolles,— que esto vay de remate e logo podredes decir; finis coronat opus.
     —Señor, tempo é —saleu mestre Guillen, desde a estada en que estaba subido— país o traballo que nos deron as taes reixas, non é para vellos como eu; moito levo molido con elas, véxoas direitas e aínda me parece mentira.
     Tamen queda escrito en elas o voso nome para sempre. ¿En qué mellor traballo podíades emplear as vosas maos, que en estas reixas que son para cerrar o altar de Santiago? E neste mundo ¿qué mais pode desear o home que chegar á idade do mestre Guillen e conservar a axilidá en todos seus membros e o seso tan enteiro como él?
     E esto dicindo, o Arcebispo; foy reparando nun tramo das reixas que estaba pousado no chan e informándose das labores e molduras dos varoos e pilastras que estaban cubertas de arabescos ou romanos e medallons, non sobrepostos e apricados como están en outros, sinon esculpidos no macizo do ferro a puro golpe de martelo e cicel. Hoxe destas reixas non quedan mais qu' os pées dereitos sobre que xiran as portas travesas que están a entrada da capela mayor. Son colunas estriadas, e da mitá para baixo retorneadas, e no campo dos retorneos teñen 


[páx. 102]


unhas labradas estrelas, e conchas, e outras frores entrepoladas con follaxees, e enrestradas en sotiles vergas que se van enroscando pol-a coluna arriba.
     —Non quere esto decir que eu non desée
—continuou o Arcebispo— que ainda fagades moitas, e, para que así o creades de moy boa voontá, douvos a todos a miña bendición. 
     Encamiñouse despois para a claustra, que estaba convertida nun verdadeiro taller de carpintería. A obra que ocupaba a un formigueiro de carpinteiros e entalladores que ali traballaban sin levantar man, era o artesonado da cámara de sobre as Praterías que trazara Gil d' Hontañón. Unhos, desemperiñaban e ixolaban tabloos, outros, labraban puntoos, outros, entallaban os marcos do artesonado, e así cada un estaba apricado ao seu traballo. O Arcebispo, acompañado de alguns coengos e capelans, atravesou por entre aquela multitú de obreiros hastra chegar ao curro da claustra que mira para o vendaval e o travesío
(1). Entrou pol-a porta que está aa dereita, e foise logo seguido hastra chegar preto de un longo e ancho banco 

????

(1)  A claustra ainda non estaba acabada, pero, pouco mais ou menos, tiña a mesma forma e disposicion que agora. 



[páx. 103]


sobre o'que estaban traballando dous ou tres homes. Como estaban de espaldas por causa da luz, non se decataron hastra que viron diante ao Perlado, que foy dando un arrodeyo ao redor do banco, e casi se puxo diante deles. Estonces un deles, que parecía o maestro, regalando os ollos, como si quixera certificarse ben do que via diante, estouvo  un momento parado; pero logo correu a botarse aos pees do Arcebispo para bicarlle o anillo, dicindo ao mesmo tempo:
     —Seya ben vinda S. señoría; moito o respetey e venerey sempre, porque xa hay moito tempo qu'o conozo des que estouvo en Granada, pero nunca pensey que habia de desear tanto a sua vinda. 
    —E logo que che pasa, Anton?
    —Pásame o peor que Ile pode pasar a un artista, que é estar traballando nunha obra que nadie aproba e todos apopean. Dígolle a miña verdá, que mil veces estiven tentado a deixar todo e coller cos frois e liscarme.
     —E quererías deixarnos sin custodia?
     —Costodia boa ou mala non faItaria quen-a  fixese. Eu, señor, non vin acó a rogar comigo, eu vin porque me chamaron e me mandaron viir. Presentei as trazas da miña obra, que a todos prougueron ou, poI-o menos, así o decian; 


[páx. 104]


e agora que ven a costodia acabada, salen con que non sirve, que non é propia, e que ningunha hay como ela. Unhos póñenlle defeutos, porque non ten nada de filigrana, outros porque non ten obras caladas, outros, porque non ten folláxees nin agullas, nin arcos agudos, nin pinches, nin torres, nin pingantes. Quén a critica, porque é obra aa moderna, de pilastras ao romano, quen a desaproba pol-os arabescos que ten nos entrepanos, nos frisos e nas enxutas, quén reprocha as cartelas e os escudos que ten sobre dos arcos. Outros din que a fixen demasiado maciza e pesada, que a puden facer mais alta e lixeira: e asi a este tenor cada un vaylle arrincando a sua peza, e, a min, o pouco que me queda de gana de traballar. Armeina para que a visen mestre Guillen e Rodrigo Gil, cando aqui veu, e aos dous lles agradou e non son homes que teñan reparo en decir lealmente o seu sentir. Soilo Rodrigo Gil me dixo que a él os romanos ou arabescos nas obras de fábrica non lle pracian, porque son adornos impropios e de pouca sustança, e xa Vitrubio os reprobara, pero que nas obras de pratería eran de moy bon efeuto. 
     A todo esto o Arcebispo estivo calado, oindo con non pouca atençon e algo de sorpresa o 


[páx. 105]


que con tanto fogo lle dicia Anton de Arfe, que este era mestre prateiro; e aproveitando unha pequena pausa do intrelocutor:
     ?Soségate, meu bóo Anton, que todo se ha de arreglar ?díxolIe, e, ao mesmo tempo, alargou a man a un garrido mozo, que todo este tempo estouvo de rodillas esperando poder bicar o anillo do Perlado. O cual deteéndose en él preguntou:
     —¿Quen é este valente mozo, esbelto e delicado como unha frol? ¿É por ventura outro Arfe. 
     O rapaz baixou os ollos ruburizado. Era, nefeuto, Xan, o fillo de Anton, que a sazon contaría unhos vint' anos, e viñera co pay a traballar na custodia, e ambos ocupábanse estonces en repasar algunhas pezas para blanquealas e despois douralas. ¡Quén diría que de aquela frente tisnada poI-o fume: e as charamuscas da forxa, habia de brotar algun dia o famoso tratado De varia commensuratione? Quén diría que aquelas mans toscas, si se quere, e afumadas, habían de debuxar os primores das costodias de Sevilla, de Avila e de outras partes?
     —Todal-as obras que agora veñen d' Italia son por este estilo, e xa nadie se acorda do estilo flamenco. Eu traballei con meu pay na costodia 


[páx. 106]


de Córdoba, como sua señoría poida ser que se acorde, e, si estonces soupera o que agora sei, non porque me parara tanto en algunhas cousas. A filigrana nestas obras grandes logo se estropea, e así que se henche de polvo, costa, de aquí a pouco, tanto traballo sacarllo como facela de novo. E, despois, aqueles cubos largos e siguidos tampouco me henchen; parecen de lexos os cañós de un orgoo. Agora dígame sua señoría, e perdone, si despois de traballar eu con tanto afan como traballey e con tanto deseo de dar gusto a quen me encargou a obra; si despois de cinco anos de tanto moler, podo estar eu satisfeito e contento! O úneco que algo me anima, é o saber que a sua señoría é aficionado aos estilos de agora, como ben o mostrou nas obras que fixo na Catredal de Granada. Quén me dera ver por aquí a Diego de Siloe e saber o que decía da costodia!
     —O que importa, Anton —saleu o Arcebispo que con moita calma estivera oindo como desfogaba o maestro— o que importa é que a dés acabada para o dia de Corpus. Non fun eu quen che encargou a costodia, pois cando vin para aqui, xa ti andabas con ela aas voltas; pero teño moita confianza na tua habilidá e agrá-


[páx. 107]


danme moito as pezas que por aqui vexo sembradas, para que eu dubide que a tua obra seya dina do teu nome.
     —Para que vosa señoría poida formar mais cabal xuicio, vouna a armar. Será cousa d' un dia mais ou menos.
     —Non quero que por eso retrases a obra. Pol-o que vou reconocendo, xa formo idea do que pode ser a costodia. —E, esto dicindo, o Arcebispo foi ouservando algunhas pezas.
     —Hermoso Apóstolo —dixo, collendo na man unha imaxee.
     —Ese ha de ir no terceiro corpo, notou Arfe, que iba separando as pezas para presentallas.
     —Este baixo relieve e soberbio, no-o facian mellor en Milán. Representa a vocación de Santiago ¿non é esto? nobre e maxestuosa é a actitú do Salvador e, ao mesmo lempo, dooce e agradabele a sua espresion.
     —Este ha de ir no frente do zócalo —ouservou Arfe.
     —Aquí está o bon Pastor —continuou o Arcebispo, contemprando outra imaxee— cargando ca ovella sobre os seus hombros; e esta ovella somos nos, digo, son eu e eres ti, somos todos. Ben fixeche en poñer esta imaxe sobre o Misterio en que o boo Pastor nos da a sua pro-


[páx. 108]


pia vida. Pois cata aquí a imaxe do noso Señor resucitado, empuñando ni dereita a cruz groriosa.
     —Esa é a que ha de ir no remate da costodia —dixo Arfe.
     Así foy ensaminando o Perlado outras moitas pezas, que sería largo contar, e, ao fin, retirouse moi ledo e compracido do que vira, non sin dar antes os seus laudes ao artista, para animalo e sosegalo. Algo, sin embargo, o metera en confusión o que Ile dixera Arfe, que nadie aprobaba a sua costodia, pois non comprendía como podia ser eso, sendo así que casi todal-as obras que se fixeron na Catredal, antes do seu tempo, eran do estilo novo e romano. Asi é que xuzgou que moitas habían de ser cavilaciós e ponderaciós do maestro, ao cual supoñía él pronto a atufarse, como o soen ser casi todol-os bóos artistas. Distraido con estos pensamentos, e satisfeito de todo, recolleuse ná sua cámara, xa mais sereno e tranquilo, anque sin adoitarse de que para o outro dia o agardaba unha nova sorpresa. 
     Serían as once da mañan, cando pol-a rua da Moeda vella baixaba o Rexemento en pleno, cara ao Paço Arcebispal. Iban ali, sinte os dous alcaldes Pedro de Auorça e Xan Lopez de Can-


[páx. 109]


gas, Froitoso de Ulloa, Rodrigo de Bendaña, Froitoso Galos, Martin Galos, Vasco de Viveiro, Alonso Perez, Jacome Yañez, procurador general. Todos eles iban muy finchados, cas suas correspondentes lobas e garnachas, e de moita cirimonia. Tan pronto como os apelembrou o porteiro do Paço, fixo soar a campáa para que se reunise toda a servidumbre, porque o Concello pidira d 'anteman hora para visitar a sua señoría reverendísima. Recibidos aa porta pol-os familiares do Arcebispo, subiron as escaleiras xuntamente con eles, atravesaron a antesala dos alacayos e a dos capellans, hastra chegar aa dos paxes e xentiles-homes. No fondo de esta últema, aa porta da cámara Arcebispal, hachábase o Perlado esperando a visita, e despois que todos Ile houberon bicado o anillo e comprimentado segun era de costume, entraron na cámara, sentáronse ao redor do Arcebispo e tomando a palabra o rexidor mais antigo, comezou asi:
     —Moy manífico e reverendo Padre e Señor: aquí están presentes as xustiças e os rexidores da cidá compostelana, que nunca foron tan da vosa Señoría como nesta ocasion. Preciouse sempre esta cidá de ser súdita, leal e ousecuente dos seus señores; pero é o caso, reverendo Señor, que agora quéixanse moitos de que non 


[páx. 110]


está posto tan craro, como se dibía, quén é o seu verdadeiro Señor. E estas voces non son voces singulares e perdidas, son voces xeneraes; e, do que é mal, bastante púbricas. Esto, moy Reverendo Padre e Señor, non pode por menos que producir un estado de inquietude e conturbación, e suscitar cada paso choques e litixios sin fin, en perxuicio moito grave da tranquilidá e da boa andanza da repúbrica, tanto mais, canto que desde vello pende un preito moy debatido, que non acaba de resolverse. Nos, os que nos honramos, e pol-a miña parte indinamente, co cargo de rexidores da cidá, sentimos mais prontamente e mais aa carón canto é funesto e perxudicial este estado, e por nosa desgraça, como quen dice vímonos a encontrar entre a espada e a parede. Mal si nos achegamos a un lado, mal si nos incrinamos ao outro; de modo que non sabemos que partido tomar, si por ventura non é o de deixar ir as cousas pol-o rio abaixo e librar o bulto da tormenta. Moitas veces temos tratado no consistorio do grave da situación e de cánto conviña sair canto antes deste estado de dúbida e incertidume, e o único remedio que se nos ocurreu, é solicitar a resolución definitiva dos preitos pendentes, e saber de unha vez a que nos ate-


[páx. 111]


ñamos, para non faltar a quen queira que sea co que se lle debe. Mais nin este paso queremos dalo sin poñelo antes en conocemento da sua Señoría Reverendísima, e pedirlle homildemente o seu premiso e licença.
     —Seguro como estou —respondeu o Arcebispo, despois de haber escoitado sin perder palabra a arenga do Rexidor, e non sin haber dado algunhas señales de noxosa impresión— da sinceridá das vosas palabras, non podo menos de alabar os vosos boos propósitos, pois non hay cousa que vaya mais ao meu paladar que a paz e a armonía, e decir, a paz que se funda na comunidade e concordia de voontades e sentimentos. Mais, como non iñorades, eu estou de novo nesta diócesis, e, do pouco que levo nela, a maor parte de tempo residin fora en servicio do señor Emperador; asi é que, anque oin falar deses preitos, non estou enterado do fondo da costion, e moito menos das razoos que poidan alegarse por unha e outra parte. PoI-o tanto, e como agora vamos a entrar na Coresma, que non é tempo para que nos entreteñamos nestes afás, no me decido a dar unha resposta definitiva, e aprázoa para despois da Pascoa. Neste entramentres escribirei aos meus letrados e a outros dous amigos letrados


[páx. 112]


que teño no Consexo das Ordees; que si estes me dicen que as razóos que hay de parte da Igresia non son suficentes, non dubidedes da miña voontá de concordarme ca cidá e de tomar un asento que sea bóo para todos; e non como queira, sinon con moito gusto e pracer. E, aa verdá sería unha cousa de que moito me folgaría, que estos preitos tan largos e ruidosos se terminasen no meu tempo.
     Ante as nobres e xenerosas palabras do Arcebispo, os rexidores baixaron a cabeza e non ousaron repricar. Despedíronse con moita cortesía e comedimento, e sairon satisfeitos e compracidos do apousento arcebispal.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega