A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Primeira parte. Capítulo III (p. 12-17)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro103.html

[p. 12]

     Estebo dendes que se soparou de Mingas, foise direito á casa do crego, e pidiulle cinco pesos, que Ile prestou, non sin algunha resistencea, pra facer valer o favor; pero como xa outros anos Ilos prestara e sempre Ilos volvera acompañados d'algús regaliños, que facian supoñer un vinte por cen de rédetos, pol-o menos, non-o deixou ir sin eles,
     C'os cinco pesos drento du'nha bolsa de coiro, que coidou de gardar ben segura, camiñouse pr'a casa, cabilando ó rumbo qu'habia de seguir ó outro dia.
     Pra Castilla ind'era cedo, e non tiña conocidos n-a Rioja, lembraba atoparse con algunha das rapazas que deixara por aló engañadas, e determinouse ir á traballar á Bilbao. Asi foi: dixoo na casa, amañàronll'a carabela, preparáronll'a roupa mais percisa, e con todo ó lombo, metido nun saquete, que colgaba da moca, salíu o outro día ben cediño, car'á vila, pra tomaI'o tren, pensando solamente en ganar ben cartos pra volver á casarse con Mingas.
     Chegou á Bilbao y-andivo esculcando por todas partes dónde houbese traballo, sin poder atopar colocaceón; foi ás minas, e os capataces non podían adimitilo, pois tiñan xente demais.
     Agardou unhos quince dias n'esta folga forzosa, qu'o desesperaba mais, tanto, que se ll'arrematab'o diñeiro, por moito que trataba d'aforralo,

[p. 13]

e inda graceas qu'algús dias fora comer á casa d'algus paisanos, con quen atopara.
     Como non tiña que facer, foise á pasear pol-as aforas da ciudá, unha tarde, dempois de xantar n'unha taberna c'un pouco de pan e medea ducea de sardiñas fritas. Viu ó Ionxe unha arboreda, como si fora un souto, e camiñou car'alí, pra dormir a sesta.
     Antes de chegar, atopou n-o camiño unha señora, moi ben portada, que lle perguntou si vira algunha nena. Respondeulle que non, y-a mesma remposta tivo que darlle dempois á un siñor y-a outras personas que, cheas d'ansea, lle fixeron a mesma pergunta.
     Entroull'escozor por saber que pasaria pra buscar tanta xente aquela nena, pero non s'estreveu á perguntarll'os siñoritos nada. Pro detrás viu vir unha criada, cunha cesta na cabeza, que viña chorando, a que Ile dixo qu'a nena que faltaba estaba de convidada con aquela familea, qu'era a do direutor das minas de carbón, e que dempois de comer, fora á rebrincar co as demais nenas e, ó pouco tempo, naide soupo dela, nin poido atoparse en ningures, por mais que se fixo.
     —¿Y esto dónde pasou?
     —Fomos á comer de campo n aquel souto. Ay! Toda a festa se convirtiu en tristura! dixo a criada, limpando os ollos co-a punta do pano da cabeza.
     —Pois eu vou car'alá.
     —Si a atopa por casualidá, levea á casa do siñor, que non ha de perder o tempo.
     Este últemo pensamento puxo alas nos pes d'Estebo, e, n'un credo, púxose no souto. Non deixou balado que non correse, nin foca que non vise, nin cañota donde non metes'a cabeza.
     No medeo do souto había unha casa vella, da que non quedaban mais qu'as paredes, sostidas pol-as edras que gatuñaban por elas arriba.

[p. 14]

     Solo lle quedaba aquelo por mirar e votou cara alá.
     Pero, ós poucos pasos, viu unha botella, codelos de pantrigo, bastante grandes, arganas de peixe, cachos de buletís untados de grasa, e todal'as señas de qu'alí comeran aquelas xentes e de que non levaran ningún cadelo consigo.
     Ergueu a botelIa do terreu, viu que choqueleaba algo drento d'ela, e probou, pra ver s'era viño ou auga, atopandose c'un viño como non ó bebera sinon no Ribeiro; pensou que fose viño de Amandi y-atopouse conque decia o letreiro viño de Bordeaux. Como non sabía ó que queria decir, non se parou n'outra cousa mais que en mirar todol os papés qu'había emburullados, e n'un, atopou emboltas duas troitas enteiras e unha medeo comida por unha veira que debeu deixar a criada olvidadas ó mesmo qu'as demais cousas.
     Estonces Estebo sentouse na herba, escarranchou as pernas, puxo no medeo d'elas a botella, os anacos de pan y as troitas e, facendo de mantel o papel, puxose á comer cachazudamente, deixando o asunto da pequena pra mais tarde,
     Asina qu'arrematou, meteu a botella drento da faltriqueira, ainda c'un pouco de viño, e foi ver as ruinas da casa.
     —¿Caeria drento? —pensou. E dicindo e facendo, púxos'á gatuñar pol'a parede, empolincouse n'ela e púxos'á andar por enriba pra mirar por todol-os Iados, pro cando quixo baixar por un lado qu'estaba mais desfeito, esborrallous'a parede co seu peso, baixo dos pés, e caeu Estebo, rompend'a botella e vertendo tod'o viño que levaba pol os calzós,
     Deu ó démo á pequena y-á botella qu'ó romper esgazárall'á chaqueta, e, sacando cacho por cacho do bolsillo, foi direito á donde vira un pozo por ver si tiña auga pra labar o calzón, antes que prendese mais a mancha.

[p. 15]

     Según s'iba acercando, sintiu chorar un neno, e púxose a escoita, figurándoselle que aqueles berros salían do lao do pozo,
     Non s'engañaba: no fondo do pozo que, por fortuna, non era muy alto e tiña pouca auga, porque o cegaran os rapaces con pedras, estaba unha nena que se desgañitaba chorando.
     A alegria da nena cando viu aquel home desconocido na boca do pozo, non se pode escribir.
     Levantou os seus braciños arriba e berraba:
     —¡Sáqueme por Dios d'aqui!
     Alargou os brazos Estebo, pero non, chegaba,
     Entón dixolle: agarda un pouco, nena, e non teñas medo.
     Foise direito á un castiro, esgazou como puido unha pola, que estaba gallada, chegous'o pozo co-ela, meteu as dúas gallas drento, e díxolle á nena:
     —Séntate nesas gallas e agàrrate ben.
     Tirou Estebo pol-a outra beira e sacou unha nena, roxiña e bonita como un sol, pro que tiña a cabeza e a cara manchadas de sangue.
     —Miña xoya, Ile dixo ó sacala, què molladiña estás, e como te mancache!
     —¿Trás algún pano dos mocos?
     —Si señor.
     —Pois damo.
     Colleu o pano qu'estaba pingando, estorceuno, e dempois de labarlle a sangue, aprastou nas maus unha folla d'ameneiro, púxoa sobre da firida y-atouna co pano.
     Sacoull'a roupa do lombo, e puxoa á enxugar ó sol, porqu'inda era cedo e quentaba d'abondo, e cubriuna co a chaqueta, por mor do frio que sentia d'haber estado tanto tempo metida na auga.
     Séntáronse entrambos á rayola, e perguntoull'á pequena comocaera.
     Como a reaución escomenzaba, a nena batía

[p. 16]

dente con dente, pero como puido respondeulle d'este xeito:
     —Estábamos todos xogando ó feito, y a min figuróuseme qu'o pozo non tiña auga e que poderia sosterme nunha pedra grande, qu'estaba na boca, puxen os pes n'ela, esborrexin e caín, dempois non sei ó que pasou, porque se me barreu ó sentido, e, cando espertei, atopeime toda mollada, y-anque había un bon anaco qu'esperaba berrando qu'alguen me oise, naide me veu à sacar, hastra que chegou vostede.
     —¿Como te chamas?
     —Marica.
     —¿E teus pais,?,
     —Miña mai chámase Delores e meu pai non ó conocin, dixo Marica, poñéndose triste com'a noite.
     —¿E tua nai que é?
     —Ten unha tenda d'ultramarinos.
     —Chocoulle á Estebo qu'a filla dunha tendeira fose a comer nada menos qu'a casa do dire.utor das minas, e cãbilou maliceosamente que por medeo da mai, canseguirìa mais que presentandose en persona ó siñor.
     Co-este pensamento vistiu de presa á Marica, puxéronse entrambos en camiño, e dixoll'á nena qu'o guiase á casa de sua nai.
     Pero á porta de Bilbao viu vir á criada da cesta, correndo cara á eles chorando de gozo, e contra o deseo d'Estebo, levouna á casa do sinor.
     Contoullè pol-o camiño ó que pasara, e logo, chegaron á unha casa moi bonita, á catr'augas, rodeada d'un xardin, cerrado por unha reixa de ferro.
     Abriu a porta a criada, atravesaron o xardin, namentras se sentían baixar precipitadamente pol-as escaleiras de casa vareas personas, y-entrelas, unha muller xoven e goapa, ques'adiantou correndo hacea a nena.

[p. 17]

     Colleuna, abrazouna, comeuna como quen di, á bicos.
     —Miña vidiña, dixo, ¿qué che pasou?
     E reparando logo no pano qu'ataba á cabeza dixo: ¡Firida! ¿Quén te mancou?
     —Pronto, decontado, chamar un médeco —¡miña filliña!
     A criada largou correndo á catal'o mèdeco.
     De pronto dixo a nena:
     —Ese siñor foi quen me sacou do pozo.
     —¿Quén, ulo? dixo, mirando pro direutor, a muller cos fillos, qu'a rodeaban por compreto.
     Estebo estaba ós poucos pasos, varado, sin saber que lle pasaba, pois a voz da mai de Marica firío no corazón.
     Cando o siñor lle mandou pasar a diante, non s'estrebía á moverse, tiña a cabeza baixa, mirando pra terra, e tivo que repetirll'a orden o direutor das minas.
     Avanzou unhos pasos, e sacou o pucho.
     Tan ponto o viu, Delores tirou un berro deloroso.
     —Filla do meu corazón, dixo.
     E dell'un esvaido
.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega