A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Primeira parte. Capítulo V (p. 23-27)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

[p. 23]

     Mingas era afillada de sua aboa e de seu tio  crego, que, dende pequena, lle cumpriron todol-os caprichos  e lle deron tod'o mimo que quixo. Asi saliu ela, pouco guiada y-amiga sempre de facel-a sua voluntá
     Seu pai, muy conocido, hasta pol-as feiras de lonxe, polo Rubeo de Castelo, saliu un fino traballador e fixo moi bos cartos traficando pol-as feiras. Casouse cunha herdeira; e tivo do matrimonio outra filla y-on rapaz, que o quixo estudear pra crego, por aprobeitar os libros de seu tio. A Mingas tiña mentres de casala na casa, porqu-o tio crego, o morrer mellorará no testamento.
     Por esto, anque Mingas era algo tarabela foi moy pretendida pra boas casas, e seu pai tiña ollo que casase c'un herdeiro, do mesmo curato, por xuntar dous bos bés. Pro Mingas non Ile quixo dar sorte porque, anqu'era un bon rapaz, parecíalle que tiña pouca arte e non servia mais que pra fozar na terra.
     Era amiga da xarana, e gustabanll'os homes que lle sabían dar leria.
     Gustoulle dempois Estebo e non ó quixo trocar por nadie a pesar da cega oposiceón que lle fixo toda a sua xente.
     Estebo era probe, y-anque era un home disposto, non enchía as egoistas aspiracios de seus pais.
     Estos tiveron unha alegria cando souperon,

[p. 24]

que se marchara Estebo do lugar, pensando que Mingos o olvidaria. Como naide sabia ó seu estado, volveull'a dar as voltas o herdeiro, pro Mingas cada vez estaba mais pesarosa e Ile daba menos creto.
     Chegou á poñerse feita unha meiga de fraca, e como sua mai a atopase moitas veces co-as bagoas nos ollos, deprocatándose que lle pasase a desgracia que facía días temía, colleuna á solas unha tarde e fixo que Ile contase á verdá.
     ¡Probe mai! Non sei cal daba mais lástema, s`a filla chorando á fio abrazada a sua mai ou a mai, co corazon apertado po-l delor, escoitando as tristuras da sua filla. Pro unha mai, ó fin, é mai, y-este dóce nóme non quer dicir mais qu'amor e perdón.
     Xa non pensou mais que no modo de decirllo ó home, pra que non s'enfurecese, e tratase d'arregrar á custión da filla.
     Agardou á dempois que se deitasen, pra decirllo todo, y-a pesar d'eso, pensou qu'o home se Ile volvia tolo co-a pena.
     Non habia mais remedeo que casala con Estebo.
     Esta era unha desgracea moy grande pra ela.
     O outro día largouse, pol-a mañá cedo, dá casa, e naide soupo d'il hastra á noite. Fórase deitar à unha xesteira y-ali estivo, sin almorzar, nin xantar, co-a pena.
     A noite, chegou e díxoll'á muller:
     —Arregra todo eso; pro que non se presente Mingas diante de min.
     Estaba compretamente arroutado.
     Mingas xa estaba cansa d'escribirlle cartas á Estebo, sin ter remposta, pro, aquel dia, escribíronlle entr'ela e sua mai outra, dicindolle ó que pasara, e que seus pais xa Ile daban premiso pra casarse.
     Era unha carta, en que trataran de poñer,

[p. 25]

Mingas todo o seu corazón, sentemento y-amor, e a mai toda a sua habilidá, prometéndolle que deseaban todos que casase na casa.
     ¡Con qué mortal ansia agardou Mingas a remposta d'esta carta!
     Ofreceulle rezar unha novena á San Antón e outra á San Xosé pra que lle movesen o corazón á Estebo.
     Dempois d'estos acontecementos non saiu da casa mais qu'a misa y-a horta, pra visitar á roseira donde enterrara a cruz que lle dera Estebo antes de marchar.
     Xunto d'esta cruz pasaba as horas mortas, pensando no seu amor e na sua desgracea.
     Unha tarde pareceulle qu'os gromos da cruz medraban. Era que prendera, e deulle unha gran alegría recordando ó que lle dixo o novio ó partir. Pra ela era de bon agoiro que prendese a cruz, porque soñara duas veces que, si prendía, se casaría con Estebo.
     Aquela tarde estaláball'o peito co-a alegría, y-estaba sentada no terreu, saboreando as suas ledas ilusiós cando viu á sua hirmá que, preto d'ela, ll-alargaba unha carta que trouxera da vila.
     Colleuna Mingas apresuradamente, y anque conoceu no sobre a letra d'Estebo, deulle unha dúcea de voltas n-as maus antes d'abrilo.
     Non s'estrevia a crebar as doces iluseós, en que estaba cabilando. ¿Quén sabe si n-aquela carta lle viña á sua felicidá ou a sua disgracia?      
     Por últemo, ergueuse, amañou o pano da cabeza e como quen se dispon á cometer unha empresa arresgada, raxou o sobre e escómenzou á ler a carta,
     As pirmeiras letras fixéronlle asomar á cara aquelas coores, qu'había moito tempo fuxiran pra convertirse na palidez da cera.
     —¡Gracias á Diosl —escramou chea d'antusiamo, mirando ò ceo, y-amostrando n-os seus

[p. 26]

negros ollos os lóstregos amorosos que manaban do seu corazón.
     Vexamos o que lle dicia na carta:

     «Querida Mingas: Deseyo que, ó recibo d'estas catro letras mal formadas, t'atopes co-a mais compreta salú como eu pra min deseyo; á miña boa, á Dios gracias, pr'ó que gustes mandar, qu´ó farei con sumo gusto e fina voluntá.
     Pois saberás, querida Mingas, que recibín a tua, e que me alegro que teus pais esten d'outro modo de pensar, porque anque eu estou aquí feito un siñor, pois teño o emprego de capataz, e gano mais aqui n-un dia que aló n un mes, por eso eu non m'olvido de tí e penso cumprir contigo logo, Dios mediante.

   Unha vez caín no río
Outra vez caín na mar,
Outra caín n os teus brazos;
Non me puiden levantar.

   Porqu'o que ben quixo un día,
S'a querer ten afición,
Sempre Ile queda unha magoa
Drento do seu corazón.

   O meu corazón che mando,
C'unha chave, pr'ó abrir,
Nin eu teño mais que darche,
Nín ti mais que me pidir.

   Na y-alma se me cravou
A raiz do teu querer,
Mentras no mundo eu vivire
Outra amor non hei de ter.


     Xa sabes a miña intenceón; pro, anque me case contigo, non quero ir pra casa de teus pais, pois non perciso deles, nin lles quero deber nada.

[p. 27]

Así é que vivirás na casa d'a miña nai, dempois que nos casemos, todo o tempo qu'eu percise, d'este emprego, pra chegar á estar ben, que non será moito.
     Dios te garde, e non teñas pena, que logo te verá o que te quere de corazón, e deseya darche unha boa aperta,

Estebo.»

     Cando ergueu os ollos da carta, atopouse con sua mai, qu'estaba tras d'ela, tamén lendo a últema parte.
     Esta carta qu'encheu á Mingas d'alegría e d'espranza, puxo á mai mais triste qu'a noite.
     ¡Consintir que vivise a sua filla na casa de Berta, donde cuasque non podia remexerse a xente qu'habia, e donde non atoparia niugunha d'as comodidas que tiña na sua casa!
     Calou, chea de pena, por non atormentar á filla, e foi en busca do home, pra contarlle ó que pasaba, decidida à opoñerse con todal-as forzas á que lle saise Mingas da casa.
     Mingas, co-a espranza do amor d'Estebo, xa se consideraba feliz.
     Esta mudanza notaronlla as poucas presoas, de quen se deixaba ver, porqu'a vergonza retiña na casa, e solo visitaba con pracer à única cousa que representaba o seu cariño, aquela cruz de salgueiro, á que cada dia lle medraban os gromos, facéndolle medrar tamén a alegria y-a espranza no corazón de Mingas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega