[p. 83]
CÁNTIGA
N'o xardin unha noite sentada
Ó refrexo d'o branco luar,
Unha nena choraba sin trégolas
Os desdés d'un ingrato galan.
Y-a coitada entre queixas decia:
«Xa n' o mundo non teño ninguén,
Vou morrer e non ven os meus ollos
Os olliños d'o meu doce ben.»
Os seus ecos de malenconía
Camiñaban n'as alas d'o vento,
Y-o lamento
Repetía:
«Vou morrer e non vén o meu ben!»
Lonxe d'éla de pé sobr 'a popa
D'un aleve negreiro vapor,
[p. 84]
Emigrado, camiño d' América
Vay o probe, infelís amador.
Y-o mirar as xentís anduriñas
Car' á terra que deixa cruzar:
«¡Quén pudera dar volta, pensaba,
Quén pudera con vosco voar!...»
Mais as aves y-o buque fuxían
Sin ouir seus amargos lamentos;
Sólo os ventos
Repetían:
«¡Quén pudera con vosco voar!»
Noites craras, d'aromas e lua,
Desde enton ¡qué tristeza en vos hay
Pr'os que viron chorar unha nena,
Pr'os que viron un barco marchar!...
D'un amor celestial, verdadeiro,
Quedóu sólo, de bágoas á proba,
Unha coba
N'un outeiro
Y-on cadavre n'o fondo d'o mar.
|