Aires d'a miña terra

Páxina Anterior

"Tempro deserto"

Páxina Seguinte

m5currosenriquezairesdaminhaterra021.html


[p. 113]


          TEMPRO DESERTO


Como acendida lámpara en estreito
Pechado camarin,
Así, n'o santuario d'o meu peito
Arde unha lus sin fin.

Cand'a sua llama gunizando lenta
Boquea e vay morrer,
Sopro de fé seu pávido alimenta
E vólvese acender.

Mais d'o meu peito n'a sinistra calma
Non hay altares... Ah!
A lámpara d'o tempro d'a miñ' alma
A quén alumará?...

Si algun topás viaxeiros d' esta vida,
En que creades vós,
¡Poñeino ante esta lámpara acendida,
Que está esperand' un Dios!


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega