Aires d'a miña terra

Páxina Anterior

" * * * "

Páxina Seguinte

m2currosenriquezairesdaminhaterra023b.html


[p. 123]


           
*  *  *


Ten a serena o canto.
   Y-a serpe o alento;
O lago ten á onda, 
   Dios ten o inferno.
   Tí tés d' abondo  
C'o que tés escondido
   N' eses teus ollos.

O trono d'os monarcas,
   D'o sabio os trunfos,
A groria d'o poeta,
   O ouro d'o mundo:
   Dera eso todo,
Por sólo unha mirada
   D' eses teus ollos,

Buscan os pitorreises
   Pra faguer niño, 


[p. 124]


A herba santa que nace
   Veira d'os rios.
   Eu busco sólo
Unha mirada meiga
D'eses teus ollos.

Cando se pon a lua
   Tras d'os penedos,
Choran as estreliñas
   Todas d'o ceo.
   Tamen eu choro
Cando non m' alumean
   Eses teus ollos.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega