Aires d'a miña terra

Páxina Anterior

"A emigración"

Páxina Seguinte

m5currosenriquezairesdaminhaterra026.html


[p. 131]


          A EMIGRACION 


   Cando n'as noites de luar caladas
Via unha estrela pol-o ceo correr,
Decia miña nay, c'as maus direitas:
«¡Dios te guie con ben!»

   Dende enton, cando vexo q' un gallego
A terra deixa onde infelis nacéu,
Y-achego busca n'outras prayas, digo:
«Guíete Dios!» tamen.

   Non-o culpo ¡coitado!, non-o axo, 
Non pido pragas nin castigos pr' él, 
Nin de que é dono de coller m' esquezo
Pr' onde lle conviñer. 

   Que aquel que deixa seu natal curruncho 
E fóra d'os seus eidos pon os pés, 


[p. 132]


Cando troca o seguro poI-o incerto,
Motivos ha de ter!

   Preguntáylle, e diravos que sin rego 
O milleiral, o lume sin cardés,
Sin herba o gando e sin traballo o home
Non se poden rnanter.

   Diravos, sí, que e pouco canto gana
Pr'as arcas d'o señor e pr'as d'o Rey,
Fay un mes que non comen cousa quente
Os fillos y-a muller!

   E diravos que porque d' us destrales
Mercóu n' unha ocasion us poucos bés,
Xuróull' o crego non lle dar sagrado
Si chegar á morrer!

   Y-havos decir que lonxe, alá moy lonxe,
Alénd' o mar q' o vay tragar tal ves,
Si libertá, si pan non logra, santa
Tumba terá xiquer...

   ¿Quén sódes vós, chorosos niquitates,
Ruís louvadores d' un Poder cruél
Que as alas d' ouro d' un esprito libre
Agrilloar querés?

   ¿Por virtú de cál próvida promesa, 
En nome de qué Dios, nin de qué ley
Querés que aquél que á morte condenastes
Non fuxa, si pudér?


[p. 133]


   ¿Qué lle ofrecedes n'a nativa terra
Ése que á cruzar vay mares de fel? 
Resinacion??Con éla non se come... 
 Fe??Non lle basta a fe!... 

   Correde o velo que a Xusticia encubre!
Dáille traballo, libertá, saber...
¡Non é dina d' os osos de seus fillos
Pátria que os non mantén!
                         ?
   Dicen que como o Miño, o noso povo
N'a terra donde nace quér morrer;
Pero o sono d'o rio é sosegado
Y-o d'éste non-o é.

   O rio ten un leito mulidiño,
Perfumado de rosas é cravés.
Tamen tiña outro o povo; mais... vendéronllo
Y-agora non-o ten.

   Deixáino qu' o adiquira donde poida!
Deixád' ó gafo Xob c'o fol á res
Buscar o muladar onde s' espiolle,
Sanará?... Pode ser.

   A civilizacion y-as anduriñas
D' unhas terras pr'as outras ván é vén;
Querer que non emigren e matálas
O mesmo ven á ter.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega