Aires d'a miña terra

Páxina Anterior

"O 'Ciprianillo' "

Páxina Seguinte

m5currosenriquezairesdaminhaterra034.html


[p. 159]


     O «CIPRIANILLO» 


   Xan de Deza, bon labrego,
Que deixache tanta sona
N'as Castillas,
Onde, manso boy gallego,
Fuche a gala, a fror y-a tona
D'as radrillas.
                    ?
   Mau de ferro, brazo forte,
Fouce d'ouro a mais lucida,
Rey d'a sega,
Que sin medo algun d'a morte
T' afanache toda a vida
N'a refrega.
                    ?
   Xornaleiro que aforrache
Máis que toda a freguesía,
Traballando;


[p. 160]


Que de teu á ter chegache
Unha terra regantía,
Carro e gando.
                    ?
   Triste pária que, por termo
D'un vivir curvado é combo
Sobr'a aixada,
Tópaste oxe probe e enfermo,
Y-a pedir c'un fol ó lombo
Pol-a estrada.
                    ?
   Conta, conta, Xan de Deza,
Cómo foy o te ir quedando
Tan esquío,
O perder tanta riqueza,
Adiquirida sudando
Fío á fio.
                    ?
   Cóntame, Xan, qué che pasa
Pra, despois d' haber mercado
Casa e hortas,
Vender hortas, vender casa
Y-andar oxe atravesado
PoI-as portas.
                    ?
   Hay quen dí que non sey cándo,
Non sey quén falóuche á orella
?¡Cousa estrana!?
D'un libro de contrabando,
Escrito n'a fala vella
Castellana.
                    ?
   Entre as follas, revesgadas 
Dése libro, dánse señas


[p. 161]


De tesouros
E riquezas enterradas
Pe d'os rios e d'as brañas,
PoI-os mouros.
                    ?
   Quen as busque, tras de lél-o,
Moedas topa conservadas
D'os reis d'antes,
Pentes d'ouro pr'o cabelo
Y-arcas fondas, cuguladas
De diamantes.
                    ?
   Ó saberes tal notiza,
Maxinache d'o praneta
Seres dono,
E röido d'a cubiza
Dende enton nin paz compreta
Tés, nin sono.
                    ?
   Pra c'o libro te fagueres,
Travallache cal ferido
D'unha espora;
Fuche rico antes de o léres;
Mais agora que o tés lido,
¿Que és, agora?.....
                    ?
   ¡Probe Xan, que desengano!
Cantas terras rexistrache
C'os teus ollos,
Rexistráchel-as en vano:
¡O tesouro que topache
Foy de piollos!
                     ?
   Non a tí; d'o que che pasa
Culpo ó fisco, ó ruin goberno,


[p. 162]


Xan de Deza;
Ése lobo que t'arrasa,
Que te fay meter n'o inferno
De cabeza.
                    ?
   Mais os fados teus adversos 
Outros foran, sí o mitrado,
Por seu brillo, 
Como condena os meus versos, 
Condenara o condanado
Ciprianillo.
                    ?
   Olla, Xan: pra esas tristuras
Que t'afogan, pra eses doores,
Hay recetas.
D'os magos deixa as leuturas; 
Lee os gallegos escritores
E poetas.
                    ?
   Non máis soñes, bon labrego,
Non máis soñes montes d'ouro
Nin moreas.
Teu millor libro é o gallego,
Teu gran tesouro o tesouro
D'as ideas.
                    ?
   Cando consultes Murguía,
Paz, Pondal, Añon e Lamas,
E n'o bico
As canciós de Rosalía
Teñas sempre, que tanto amas,
¡Serás rico!
                    ?


[p. 163]


Serás rico, Xan de Deza,
Mal que pese á gorxa rouca
D'algun frade;
Que n'o mundo a mor riqueza
E' a virtude ?c'unha pouca
Libertade.
                    ?
   Si eses nomes soletreas,
Recobrar podrás d'un tombo
Casas y-hortas,
E de pan tuas tullas cheas,
Non irás c'un fol ó lombo
PoI-as portas.
                    ?
   Eses nomes tén virtude:
Son estrelas de fagueiro
Doce brillo,
Que dan bés e dan saúde:
¡Son a Pátria ?o verdadeiro
Ciprianillo.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega