Aires d'a miña terra

Páxina Anterior

"O último fidalgo"

Páxina Seguinte

m5currosenriquezairesdaminhaterra036.html


[p. 167]


   O ÚLTIMO FIDALGO


Érmol-os seus saídos,
Os cancelos pechados,
Fundidos teitos, escaleiras, traves,
Sin tellas o tellado,
Non paso un dia pol-os seus lindeiros
Sin pararme ante a casa d' o fidalgo.

Non fumega a troneira,
Non s' escoitan nos páteos
Os ladridos d'os cans, nin o sonoro
Rinchar d'os feros potros e cabalos.
N'o escudo en que descansa
O corredor voado
Fan niño as anduriñas volandeiras
Y-escóndense os lagartos;
E n'o cima d'a torre
O galo d'a veleta, desprumado,


[p. 168]


Remela os ollos cara ó vento Leste, 
¡O vento d'a ruina e d'os estragos!
               ? ?
Un vello pergamiño
C'o sello real sellado
E sinado c'o as cruces, non c'o as firmas,
?Pois non sabian firmar!? de dez Perlados,
Manda que nadia poda
Erguer cabana ou pazo
Acaron d'esta casa, que lle quite
Aire ou soI, poI-o frente ou poI-os lados.

Despois de nove sigros
lnda é firme o mandado. 
As pallozas d'o povo,
Cheas d'as armonías d'o traballo,
Agachadas, cal tigres,
Dende lonxe respétano y-acátano,
Agardando que os muros se despromen
E ríndose namentres pol-o baixo...
                        ? ?
¿Qué foy d'o morador d'esa vivenda,
 N'a que en tempos pasados
S' esnaquizóu a pátria en mil parcelas
Entr' os que por seu amo pelexaron,
Y-onde nunca petou a mau trembona
D'o camiñante canso
Que alcontrara agarimo ou doce fogo
D'os ateridos membros pra reparo?

O dono derradeiro
Védelo, ahí vay, mirayno...
Cuberto c'o a coroza,


[p. 169]


Calzado o zoco, c'os seus bois falando,
Encamíñase á vila
Para n'éla vender d'estrume un carro
E contentar c'o voto,
?Feroz limosna que lle arroxa o Estado?
Ó seu señor d'agora,
Que onte foy seu escravo!
                        ? ?
Acontéceme vendo estas traxedias
O que me pasa cando
Tropezo c'unha pedra de muiño
N'un valo posta, ou d'unha herdá por marco.
Recordo o que ela esquece
D'as cousas que non sinten n'o letargo:
¡O grau que ten moido,
Os himnos que a dar voltas ten cantado!


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega