Aires d'a miña terra

Páxina Anterior

"N'a morte de miña nay"

Páxina Seguinte

m5currosenriquezairesdaminhaterra011.html


[p. 77]


          N'A MORTE DE MIÑA NAY 


   Doce malenconía, miña Musa,
D'o meu esprito noiva feiticeira,
Déixame q' oxe n'o teu cólo dorma
          Sono de pedra!

   Nunca, reiciña, nunca com' agora
Fálla fixéronm' osteus bicos mornos:
Choveu por min chuvia de sangue e trayo
          Frio n'os osos.

   Quéntame tí, quetiritando veño,
Tí, que d'o peito curas as feridas,
Amiga xenerosa d'os que sôfren,
          Malenconía!

   Tôpe miñ' alma, á sombra d'os ciprestes
Q'os tristes ermos d'as tuas illas cobren,


[p. 78]

O esquecemento q' en ningures hacho
          Pr'os meus doores.

   Fay qu' ó rumor d'os teus regueiros, brando
S' adormezan meus tristes pensamentos.
¡Son un hôrfo!... Agarímam' ó teu colo... 
          Xa outro non teño.

   Xa outro non teño en que pousal-a frente,
Pol-as agurras-d'o pesar sulcada;
Xa outro non teño q' amargura enxugue
          D'as miñas bágoas!

   Nay, ¡adorada nay! mártir escura,
Branca pombiña, arruladora e tenra,
¡Ay! Si souperas cómo me deixabas...
          Non te morreras.

   Dende que te perdin, a terra, o ceo,
Todo é pr'a min d'a mesma côr d'a morte.
O sol non m' alumea, nin os campos
          Pr'a min tên frores.

   Cal sobr' os condenados á pauliña,
Caíu sobre miñ' alma eterno loito;
Todo m' amarga, hastr' o aire que respiro;
          Dáname todo.

   D'o corazon fuxíume esa alegria
Qu' é n'as frores aroma e vos n 'os páxaros,
Y-andan por dentro d'o meu peito os corvos
          Arrevoando.


[p. 79]


   ¡Cómo recordo aquelas noites craras
En qu' ó fulgor d'a prateada lua,
M' arrulába-o sono, d'os teus cantos
          Co'a doce música!

   ¡Cómo recordo aquelas tardes tristes
En qu' os tronos sintindo, rezabámos
Porque Dios leve os probes mariñeiros
          A porto salvo:

   Pol-os necesitados camiñantes,
Pol-os vellos sin pan e sin abrigo,
Pol-os nenos sin pay... abandonados...
          Com' os teus fillos!

   ¡Ay! Eu tamen rezar quixera agora
Por tí, de tanto amor en xusto pago;
Mais dende que te fuches, miña rula,
          Teño un cansacio!...

   Malenconía, Musa d'os doentes,
D'o meu esprito noiva feiticeira,
¡Déixame qu' oxe n'o teu cólo dorma
          Sono de pedra!    


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega