Aires d'a miña terra

Páxina Anterior

"Saúdo"

Páxina Seguinte

m5currosenriquezairesdaminhaterra015.html


[p. 89]


               SAÚDO


   ¡Ouh, meiga cibdá d'a Cruña,
Cibdá d'a torre herculina,
De xeneraciós recordo
Máis fortes q' as d' hoxe en dia;
Cibdá que por'sobr' os mares
Érguel-a cabeza altíva,
Cal onte n 'as tuas murallas
O brazo de María Pita:
¿Qué tés n'ese teu recinto,
Que tés pr'os que te visitan,
Que conecerte non poden
Sin que deixarte non sintan?

   Tempos houbo en que revolto
N'a louca redemuíña
Que pol-a terra me leva
En direucion nunca fixa,


[p. 90]


Dia e noite alumeado
Por unha estrela maldita,
Deixando d 'os patrios lares
As gasalleiras dilicias,
Pisey teu chau, de camiño
Pra máis aleixados crimas,

   Páxaro novo, soñara,
Cando nin pruma inda tiña,
Voär d' un ceyo en precura
Máis grande q'  o de Galicia;
Pero non ben d'as tuas prazas
Pasey sobr' as pedras limpas,
Non ben d' eses teus verxeles
Os frescos cheiros sentira,
D'os teus aires namorado
Que embebedan e feitizan,
Renunciey terras estranas
Y-amor pedínche e caricias,

   Nay cariñosa, tí décheme
Canto darme enton podias:
Consolo pr'as miñas bágoas,
Pr'os meus males mediciña;
E inda esquecerme non puden
D'as tuas saladas brisas,
Que m'ourexaban á frente
Por fogo de febre ardida.
   Era eu neno, sí, moy neno,
E por esas prayas iba
Collend' o nacre das cunchas
Que n'as tuas orelas brilan.
Risoñ' o sembrante murcho—


[p. 91]


Que xa murcho enton o tiña—
N'un bote me bambeaba
D'o Orzan sobr' as ondas rizas.
¡Ay! N'ese mar tormentoso,
Que non de Tirteo n'a lira,
A estrofa enérxica é fera
D'a libertá deprendia.

   Dotáronme d'alma ardente
As auras que che dan vida:
De firmeza n'o infortunio
Os pedrouchos d'as tuas illas.
Tí fuches quen me falaches
D' estrana maneira místeca,
D'este santo amor d'a patria
Que se sente e non se esprica.

   Era eu neno, sí, moy neno,
Cando por teu chau corría,
Hóspede qu' inda sin nome
Regalabas compasiva...
¡Cruña, Cruña! Cal fuxiron
Aqueles prácidos dias.
Oxe non me coneceras—
Tan outro son—si me viras.

   Alma vella en corpo novo.
O q' un recordo ch' envía,
Dinantes que dependure
D'un negro cipreste a lira,
Cantarche quixera cántigas
De tantos feitizos dinas;
Mais miñ' arpa non ten cordas


[p. 92]


D' amores nin d'alegrías,
E sólo tristes salayos
As poucas que quedan guindan,
Recólleos, cibdá sagrada;
N'eles os cariños vibran
De miñ' alma que t' adora,
De meus beizos que te bican.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega