Aires d'a miña terra

Páxina Anterior

"Encomenda"

Páxina Seguinte

m5currosenriquezairesdaminhaterra029.html


[p. 139]


     ENCOMENDA


               I

   Teño unha corda muda 
N'a miña lira torva,
Com' on coitelo fera, 
Com' on tronido rouca. 
Cando n'os meus ensayos
Sóna á compás d'as outras,
Por sobre min parece
Q'os ceus se desproman.
De cada nota de'la
Un anatema chouta,
Cal d'a satúrnea sangue 
As furias espantosas. 
   Ninguén ouíu ainda
As cántigas qu'entoa:
Detrás de min, quizáyes,


[p. 140]


O dia que m' as oyan,
Como detras de Cristo
Virán as xentes todas,
¡Hosanna, cantando de xúbilo cheas,
Hosanna ó poeta que tray a boa nova!

               II

   Castigos pr'os verdugos,
Pr'os márteres coroas,
Consolo pr'os escravos
Latexa n'esa corda.
Fustiga pr'os tiranos,
Pr'os déspotas argola, 
N'ela dormenta o himno
Grorioso d'os ilotas.
Si pr' a tocar cal quero
A tér non chego forzas;
Si cand' á loita vaya
Tropezo n'unha foxa
Os que, cal eu, subides
A traballosa costa,
Cando chegués á cima
Sagrada e vitoriosa,
¡Arpas que saudedes
D'a nosa Patria a aurora,
D'a y-arpa acordaivos que fúnebre queda
N'a noite d'o olvido xemindo sin groria!


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega