Berlín

Páxina Anterior

Páxina 26

Páxina Seguinte

modelo
tes que saber, meu neno,
do porto oculto da cidade,
construído entre as néboas de abril ares
para o negocio secreto do té.

e que alí amarra o desexo

nas noites de borraxeira.

e que hai unha taberna,

un pequeno lugar que nos coñece como atlántico,
onde as tripulacións dos cargueiros fantasmas
abrigan o seu corazón de licores.

e relatan historias fantásticas

das terras das amendoeiras

sábeo, pois e entre eles,

haberá quen recorde preciosos versos,

cartas que nunca enviaron os amantes,

escritas en linguas de distancia.







Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega