Cantos contos nun tris-tras

 

"Sinforoso"

Páxina Seguinte

Sinforoso


           Sinforoso


¡Que cousa tan rara!,
¡que ruído oía!
Non sei de onde viña
nin quen o facía.

UH AAÁ UH AAÁ UH AAÁ

Mirei por aquí,
mirei por alá,
no cabo da fonte
¿sería unha ra?
UH AAÁ UH AAÁ UH AAÁ

Volvín ir ó río,
axixei no pombal,
subín a unha árbore
e volta a escoitar
UH AAÁ UH AAÁ UH AAÁ

Enriba do hórreo,
detrás da figueira,
debaixo do alpendre,
diante da palleira.
UH AAÁ UH AAÁ UH AAÁ

Este bicho raro
¿por onde andará?
e fai un ruido,
non sei qué será.
UH AAÁ UH AAÁ UH AAÁ

Vin un burro negro
no prado parado
con orellas longas
e cun grande rabo.
UH AAÁ UH AAÁ UH AAÁ

Cos seus ollos meigos
mirou para min
e moi garuleiro
saudábame así:
UH AAÁ UH AAÁ UH AAÁ.

 

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega