Cantos contos nun tris-tras

Páxina Anterior

"O tren PI"

 

O TREN PI


O TREN






Á estación chegou o tren,
vai de Santiago a Padrón,
anda a chamar pola xente
co asubío do seu son.





Non-te-me-tas-na-cu-ne-ta,
dille o raíl á roda,
vai-te-po-lo-teu-ca-rrei-ro
an-que-non-che-gues-pri-mei-ro
fa-ré-mo-la-ru-ta-to-da.





Po-lo-ca-mi-ño-de-fe-rro
dixo a máquina do tren,
vai-o-tren- -re-xio-nal

a-ta-che-gar-ó-fi-nal.

 





Cando pasedes Osebe
veréde-la Escravitude,
camiño de Iria Flavia
entraravos inquietude.

 





¿Ti-ví-che-lo-re-vi-sor?,
parolaban dous dos coches,
é-che-ben-es-pa-bi-la-do
sem-pre-vai-dun-la-do-ó-ou-tro
e-nun-ca-es-tá-can-sa-do.

 

 





Hoxe o tren  vai contento,
leva ós nenos de excursión,
van cantando unha cantiga
para o xefe da estación.

 

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega