Crónica de Ofiusa

 

Lenda

Páxina Seguinte

v3fcovchantadaofiusa001.html





               Lenda

Das extensas terras forxadas pola espada,
de aló veu todo o perigo.

...De aló veu todo o perigo,
que primeiro dividiu irmáns
e deixou a terra sometida.

Nos albores dun inverno foi,
que o seu alento se impuxo
como un legado duro.

Vencidos, medra a infamia,
sen norte e horizonte, a vida dura.
Morre a esencia de terra e flores,
secan os mananciais de auga pura.

Traspasadas a cidade,
o trebón confúndea e horroriza
logo abatida na penumbra,
pérdese a palabra e ensombriza.

...Fóra a noite aínda conserva a súa riqueza.
A sabedoría repregada en nós, así se deposita.

Non puideron pousar ata aquí as tebras
o seu mortal arrolo,
nestes labirintos de luz
onde aínda mora a fresca brisa.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega