BVG Atrás Índice de Páxinas |
En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova |
||
|
A muller de alzhéimer (autoría de Francisco Castro) |
v2puravazquezsempreirma001.html
A muller de alzhéimer
viu a luz en Celanova.
Xa non ten memoria
porque xa non sabe chorar
e xa non se lembra daquel día que a tiraron ao río
para desfacer o feitizo e tornarlle a saúde.
Pero houbo un día
(ela contaba)
no que toda a vila a procurou,
porque se perdera.
A nena perdida sen memoria
perdérase.
Cando a descubriron
semellaba enmeigada:
tiña a cabeza entre as reixas do Mosteiro
ollaba a vida
ollaba o futuro.
Agora, que xa non está
este fillo poeta porá as súas armas
para salvar as pedras do Mosteiro
coidando así
el que ten memoria
que protexe a vida
e o futuro
de todas as nenas que aínda non se perderon.
Autoría: Francisco Castro
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |