Entre dous mundos

 

Escenas 1-3.

Páxina Seguinte

m2galosalinasentredousmundos.html

Composto n-un acto, escrito n-a fala gallega por Galo Salinas Rodríguez.

Madrid - Ano 1919





Reparto

Persoaxes
Alicia, 20 anos
Madalena, 22 anos
Daniel, 25 anos
Don Francisco, 60 anos
Eduardo, 28 anos
Capitán do vapor, 58 anos
Un Mariñeiro, 58 anos
Outro id., 58 anos
Unha voz dentro, 58 anos
A orquesta d'á bordo que toca n-o interior.






O argumento desenvólvese n-a cuberta do trasatlántico "Infanta Idabel de Borbón" n-un viaxe â América do Sur, n-as vísporas da sua chegada á Montevideo, n-unha mañán primaveiral de sol espréndido.


Nota - A poesía que da título á esta obra e que n-a mesma figura, foi lida pol-o autor d'ela e s'este poema n-a velada celebrada n-o Infanta, n-a noite do 20 de Febreiro de 1914.








Disposición da escena

Direita y esquerda do actor.- Primeiro termo: espazo da cuberta d'un trasatlántico, parte da popa limitada n-os bastidores pol-as bordas por riba das que, así como n-o fondo, vense o ceo e mail-o mar.- Bambalinas de celaxe.- Enrimados ôs costados haberá rolos de cordas e algús trevellos de náutica, e repartidos comenentemente cadeiras de viaxe, sillós de mimbio e outros asentos.- Dos terceiros bastidores atravesando toda a cuberta, arranca o ponte á boa autura c'un balconcillo por diante, tendo n-o centro un mástil n-o que izaráse á seu tempo a bandeira española que estará preparada pro sin verse.- Ôs lados dous salvavidas c'o nome do vapor.- Pra subir ô ponte hay unha escada con pasamáns á cada canto, separadas d'as bordas pra deixar sitio a unha porta por cada borda que comunique c'o resto do buque.- N-o centro das duas escadas haberá un banco corrido con respaldar.- Pol-as portas ditas entran e saen os personaxes.- Das bordas suben ô mais auto, cal se xuntáranse n-o pao, duas escadas de corda, e vense tubos dos que mandan o ar âs máquinas (Ventiladores).









Entre dous mundos



Escena I

(Ó alzar o pano Daniel aparece en autitude pensativa asomado â borda esquerda c'o a testa apoyada n-as mans.- Da porta direita, baixo do ponte, sal Eduardo que lentamente chega cabo de Daniel póndolle unha man sobor do hombro, volvéndose éste enxoitándose os ollos c'un pano branco)

Eduardo.- ¡Hola, amigo Daniel! ¿Vése algo?

Daniel.- ¡Moitas naves pol-o mar... moitas aves pol-o ar!...

Eduardo.- Eso recende a poesía.

Daniel.- Poesía é todo canto descúbrese dendel-a toldilla d'un trasatlántico: o sol mandándonos nas suas vibraciós lumínicas ansias de vida; a lúa, faro inmenso alumeando todo o universo; as augas, escumantes pol-o día, fosforescentes pol-a noite, sempre inquedas e solasmentes amansadas ô lonxe onde o ceo xúntaselles pra contelas... ¡Todo è poesía...!

Eduardo.- Diz ben; ¿pro que lle pasa? (Cóllelle o pano)

Daniel.- Non me pasa nada. (Salayando)

Eduardo.- ¿Nada e ten o pano mollado?

Daniel.- Son lembranzas tristes do que deixei, temores pol-o que vou á conocer: non lle estrane a miña autitude.

Eduardo.- Sempre acontece o mesmo cando pol-a primeira vez abandonámol-a patria, á min sucedeume tamén, pro d'aquela eu era un rapaz; logo, traballando moitos anos foi desvaíndose pouco á pouco o meu recordo, e hoxe, c'o mesmo amor pro con menos sentimento, xa dono d'algún caudal e socio d'unha casa comercial, ô faguer meus viaxes á Europa pra mercar n-as fábricas os ouxetos do noso negocio, fago un descanso n-a terriña e torno âs Américas confortado pra seguir traballando.

Daniel.- Por d'aquela, como diz ben, era un neno e agora ten o seu vivir independente e asegurado, n-as mentres que eu...

Eduardo.- Xa lle teño dito que ben n-a miña casa ou ben n-outra atopareille acomodo.

Daniel.- ¡Non sei o que farei!

Eduardo.- Pois é preciso decidírese e tratar de esquencere cousas que mortifican.

Daniel.- É imposibre: aló quédame todo o que eu amaba: patria, amistades, a santa nai morta; canto costituía a miña eisistencia, e levo soyo comigo as miñas penas e a miña hirmá doente d'un mal pra o que penso non hay curación.

Eduardo.- Eso è o pior; pro Dios apiadarase d'ela e devolveralle a saúde.

Daniel.- Cuase que xa perdo a fe.

Eduardo.- ¡Y è poeta!.. A fe nunca pérdese nin tampouco a espranza, que n-este is tante está latente, porque esas naves y esas aves das que falou, son o anuncio de que atopámonos n-as costas de Sud América, e n-o amañecer de mañán despertaremos xa ancorados n-a grandiosa badía de Montevideo.

Daniel.- Chego á ela ansioso e desanimado c'o espanto que da o desconocido.

Eduardo.- Non se desanime, tanto mais canto debe de estar contento pol-o éisito que outuvo anoite n-a derradeira velada de despedida do viaxe.

Daniel.- Eisito, quizais, de cortesía.

Eduardo.- Non eisaxere a modestia; a sua poesía impresionou fondamente é todos pol-o humana e sincera.

Daniel.- O que ben se sinte non se espresa mal.

Eduardo.- Por certo que non foron dos menos en aplaudilo ese señor banqueiro Don Francisco, que din è millonario, e mail-a sua filla Alicia.

Daniel.- Non reparei. (Facéndose o desentendido)

Eduardo.- ¡Poida...! ¿Permíteme unha indiscreción?.

Daniel.- Diga, Eduardo. (Pasean e paranse de cando en cando)

Eduardo.- Pois è que pareceume que no en tanto do festival os ollos de Alicia e os de vostede buscáronse e atopáronse mais d'unha vez.

Daniel.- ¡Vostede está tolo...! ¿Habíaseme de acurrir á min estrevemento semellante?

Eduardo.- ¿Qué tería de particular?

Daniel.- ¿Non había de tere? ¡Erguer as miñas miradas á dama de tanto valimento!

Eduardo.- ¿E se fose ela quen as baixara á vostede?

Daniel.- Cale, cale, que a sola ideia de que alguén mais que vostede d'un feito casual poidera tirar consecuencias, avergónzame...

Eduardo.- Xa vexo que vostede, non oustante o seu talento, è tamén vítima dos convencionalismos sociais que xa resultan un anacrónicos e perxudiciaes.

Daniel.- Pois son os que aínda rixen n-o mundo.

Eduardo.- Sí, n-o mundo dos parvos ou dos hipócritas, por non decir malvados.

Daniel.- ¿E a dinidá? ¿e o xuizo das xentes?

Eduardo.- N-este caso concreto a primeira puidera ser orgulo e o segundo difamación.

Daniel.- A ver, espríquese.

Eduardo.- Un home debe poñer en práutica todo aquelo que non vaya contra do seu decoro

Daniel.- Muy conforme.

Eduardo.- E o decoro pérdese cando as nosas aspiraciós levan miras egoistas.

Daniel.- Tamén conforme.

Eduardo.- Pro cando o egoismo non guía as nosas auciós o decoro queda incólume e d'aquela, tendo a conciencia tranquila debemos menosprezar a opinión dos que xulgan sin conocimento de causa ou con interesada pasión, ou mala fe.

Daniel.- ¿Cal è o fin da sua argumentación?

Eduardo.- Este: As mulleres, pol-o xeneral, buscan pra se casaren ôs homes de posición, levando por toda dote á tan sagrada unión a sua virtude, e ademais, se son facendosas fan a dita dos seus maridos e convirten n-un paraíso o fogar por elas gobernado. Nivélanse ¿non?

Daniel.- Sigo estando conforme.

Eduardo.- Pois pol-o mesmo procedimento y en boa lóxica un home honrado que non persiga a esprotación senon que enamórese de muller adiñeirada, ¿non leva d'abondo â sociedade conyugal co'a sua honradez, autividá e intelixencia pra adeministrar un capital que se lle entrega e que poide multiplicar emprendendo negocios lícitos e lucrativos?

Daniel.- Debera ser así. (Siguen paseando e parándose)

Eduardo.- ¿Hay n-eso menoscabo pra o seu decoro?

Daniel.- Non sei que lle responder.

Eduardo.- Certamente non o hay, e xa vé como n-un e n-outro caso a pobreza d'algún d'eles non è óbice pra a sua felicidade; è como se dixéramos a razón do desequilibrio equilibrado.

Daniel.- ¡Se o comprendesen como vostede todos!

Eduardo.- Comprenderíano se paráranse á pensar un pouco; pois que: ¿è preferibre a xuntanza de dous seres indixentes pra daren orixen á unha probe depauperada, raquítica e lazarina? ¿Ou pol-o contrario, a nefanda asociación de dous privilexiados da fortuna unidos sin mútua vacación, rica ela e rico él, pra tiraren cada un pol-o seu camiño e invadidos pol-o hastio creérense con direito pra mercar c'o seu diñeiro honras e amores alleos destrozando vidas e vinculando o adulterio n-a inviolable pureza do matrimonio...? Non, amigo Daniel, non; nin eso o manda Dios, nin debérao consentir unha sociedade regularmente organizada.

Daniel.- Eso n-a teoría è divino.

Eduardo.- Pois hay que divinizalo na práutica. De min sei lle decir que en de me chegando o día de tomar compañeira, non hoxe que pouco teño senon mais adiante aumentado o meu caudal, escollerei sendo boa n-a mais pobre, e se ademais fora desgraciada tanto millor porque así serei á un tempo proteutor, altruista e redentor.

Daniel.- ¿E se vostede non contase con nada e houbera muller enriquecida que lle gustara?

Eduardo.- Falaríalle c'o mesma franqueza, e tanto pior pra ela se me non ademitía, porque perdería a ocasión de facerse c'un bon marido e ter por compañeiro un home de ben.

Daniel.- Considero esas doutrinas irrealizabres.

Eduardo.- Deixe rolar o grobo que él parará n-o tempo de chegar a realización... Pro, calemos, que vexo encamiñarse hacia eiquí ô pai e mail-a filla. (Mirando)

Daniel.- ¡D'aquela eu retírome! (Eduardo o detén)

Eduardo.- De ningún modo, pareceríalles que fuxía... (Sorrindo) ¡Cando eu digo!

(Pol-a porta esquerda baixo o ponte en frente a que estarán os dous parados, aparece Don Francisco e Alicia vestidos de viaxe; ela moy elegante e rodeada a cabeza c'un velo flotante.)



Escena II
Os ditos, Don Francisco e Alicia

D. Frco.- ¡Bôs días, señores! (Danse a man)

Eduardo.- ¡Igualmente, Don Francisco!

Daniel.- ¡Moi felices!

Eduardo.- ¿E vostede, señorita? (Danse as mans)

Alicia.- Alcóntrome boa, moitas gracias. (Daniel incrínase ante Alicia y-ésta saúado co a cabeza)

D. Frco.- O sol d'outro día xa non nos atopará á todos nôs xuntos n-este sitio.

Daniel.- Así è a vida; como as axitadas augas do oceáno, en contino fluxo e refluxo; sempre as mesmas e sempre distintas, según embístense ou se acaricien.

Alicia.- É ben certo...; ¡Quén fora onda do mar!

Eduardo.- ¿Pra acariciar ou pra embestir?

Alicia.- Pra as duas cousas cando houbera motivo, e sobre de todo, pra emancipados do que dirán, procedese sempre con enteira libertade.

D. Frco.- Debo lles manifestar que a miña filla, muller pol-o sentimento, è, pol-a educación moderna yanqui que recebeu, un carauter varonil despreocupada e desprovista de ridículos prexuizos.

Eduardo.- Hay que felicitala pol-a sua modernidade.

D. Frco.- A quen hay que felicitar e á Daniel pol-os seus versos de anoite.

Alicia.- Son lindos e sentidos: á min conmovéronme.

Daniel.- Non è pra tanto; foron cousa de momento e con asunto forzado que resta espontaneidade.

D. Frco.- Son ispirados e moy do caso e ainda que aplaudino, donlle agora a miña noraboa.

(Séntanse todos onde e como queiran)

Daniel.- Fixen a miña composición en fala castelá porque n-a gallega poucos a entenderían.

Alicia.- ¿Vostede versifica en gallego?

Daniel.- E o meu falar predileito e teño a honra de que n-algúns certames premiáranme varias composicións e obras dramáticas.

Alicia.- Con moito gusto faríame c'o eses seus traballos e c'unha copia do da velada.

Daniel.- Ofrecereillos c'o mayor pracer pois ademírome de que unha dona americana entenda o agarimoso lenguaxe da miña rexión.

D. Frco.- ¡Pro se Alicia è gallega!

Daniel.- ¿E gallega...? (Daniel e Eduardo ademíranse)

D. Frco.- Si, señores; gallega pol-o nascemento e pol-o amor â terra dos seus ascendentes; creóla pol-a simpatía ô pais n-o que o seu pai realizou unha fertuna, e norteamericana, como lles dixen, pol-as suas costumes, incrinaciós y educación.

Eduardo.- ¿E como residindo en América casou Vosté en Galicia...? Perdóneme a curiosidade.

D. Frco.- Por perdonada, y en poucas palabras llo espricarei: Non contaba eu dez anos cando un curmán do meu pai, estabrecido en Montevideo, chamou por min.- Pasados mais de vintecinco e xa morto o meu tío, atopeime dono d'un negocio acreditado e c'un capital importante; mais o esceso do rudo traballo destrozárame o organismo, e grave debía de ser o meu estado cando os médicos aconselláronme que deixase todo confiado ôs meus adeministradores e trasladárame axiña á Galicia pra que c'o repouso mental curátanse o meu corpo e o meu esprito.

Eduardo.- D'eso algo eu tamén poido referir.

D. Frco.- Pasei tres anos n-a terra nativa de Corcubión recorrendo a imponente costa de Finisterre; saneando os meus pulmóns c'os ares cheos de saúde que trai aquel furioso mar que bate n-as prayas de Camariñas e Malpica; contemprando o poético río Ezaro que forma a bela encantadora cascada do helénico Pindo, e ademirando toda aquela brava naturaleza c'os seus contrastes de bonanzas e borrascas.

Daniel.- Brava, si, como as crudeles tormentas que axitan e conmoven certas eisistencias.

D. Frco.- Resurdin, volveume a ledicia de vivir, namoreime, casei e cando tornei á América xa non iba soyo porque acompañábame a miña esposa y esta filla. A pobre da miña dona duróume pouco; Dios levouma quedándome Alicia que é o meu solo cariño, o meu único ben n-o mundo, e como os nosos gustos coinnciden en ausoluto, faguemos frecuentes viaxes de recreio á Galicia onde mais ou menos pronto, liquidádol-os meus negocios, retirareime á descansar.

Eduardo.- E unha historia interesante.

D. Frco.- E c'o ela xa teñen acrarado o misterio das tres nacionalidades d'esta miña filla.

Daniel.- ¿Daquela quererá moito á Galicia? (A Alicia)

Alicia.- Sempre vivo n-ela, porque n-un salón porque nun salón que da ô xardín da nosa casa fixen un museo de cousas da nosa terra y en canto n-él hay palpita a alma gallega.

Eduardo.- Rexionalismo puro.

D. Frco.- Si, meu amigo; somos rexionalistas e chegamos hasta a autonomia; pro sempre formando parte da gran familia española, porque o amor da rexión é compatibre c'o da nación sin tarárense ley nin intensidade.

Eduardo.- Estamos de acordo.

D. Frco.- E ademais, hay que ter presente que ambos aspeutos, o da patrias grande e o da pequena patria póidense fundiren n-un soyo indivisibre: o amor â heroica España con todal-as suas glorias e delores; con todal-as suas grandezas e adversidades; pensar e sentir en contrario e faguer profesión de separatista e aspirar a parricida.

Daniel.- De tal xeito sinto e penso. (Alicia á Daniel)

Alicia.- Tamén poseo música e libros gallegos y hey de lle merecere indíqueme as novedás que sobor d'eso téñanse pubricado.

Daniel.- Todo canto dispoña, señorita.

Alicia.- Sin esquencer a copia que lle roguei. (Sonrindo)

Daniel.- Dareille o orixinal. (Erguese, tira do peto interior da chaqueta un papel e vai á darllo á Alicia)

D. Frco.- ¿Ten incomenente en nos lêr a sua poesía pra millor apreciala?

Daniel.- Ningún, si eso lles agrada.

Eduardo.- Home, sí, paréceme ben a ideia.

Daniel.- Pois, aló vai. (Desdobra o papel e lée)

(Daniel en de acabando de lêr a composición que sigue, dobra o papel e fai entrega d'él a Alicia que correspóndelle c'unha amabre sonrisa. Todos aprauden á modiño)

Entre dous mundos
"El cielo arriba, presidiendo altivo
"de un buque el triunfal peregrinaje:
"abajo, el epiléptico oleaje
"cual lava inquieta de un volcán activo

"En la entraña del mónstruo que se agita
"con crepitar de pira homicidante
"esperanzada, ansiosa y anhelante
"la turba canta, reza, llora ó grita

"Tal vez un espejismo le parece
"los sueños vislumbrar del expatriado
"cuando distante del terruño amado
"el goce del vivir renace y crece

"Y unidas en latente sentimiento
"nobleza y ambición, honra y locura,
"en la mente del prófugo perdura
"la aspiración de un solo pensamiento

"De un pensamiento que piedoso exime
"de toda pena la cordial arteria,
"porque tiende a suplir la vil miseria
"por la riqueza que al mortal redime

"?Benditos los que en tráfago errabundo
"hallan la dicha que inconsciente rueda,
"no por el Mundo Viejo que atrás queda
"sino por el potente Nuevo Mundo!


Alicia.- Conservareina con moita estima. (Colle o papel)

Daniel.- Eu agradézollo.

D. Frco.- E, diga, Daniel: ¿as letras danlle pra vivir?

Daniel.- ¡Ah, non, señor! Eu cultivo a literatura pol-o placer que cáusame, mais o meu oficio è outro: eu son profesor mercantil e traballaba n-unha casa bancaria onde a miña hirmá, asimesmo, estaba de mecanógrafa.

D. Frco.- Moy ben, e quizais aproveitando algunha boa proposición de seguro porvir, veñen á América ambos hirmáns.

Daniel.- Non, señor, non levamos senon cartas de recomendación. (Apesadumbrado)

D. Frco.- ¡Como, deixan un destino sen teren outro!

Daniel.- ¡Asi é, señor! (Alicia escoita atenta)

D. Frco.- Pois non mo esprico... (Ergueuse)

Daniel.- ?Cousas da vida, Don Francisco!

D. Frco.- Que eu non pretendo investigar; pro, mire que casualidade, poida que por un mal lles veña un ben.

Daniel.- Non entendo. (Alicia lee os versos e os garda)

D. Frco.- No meu escritorio hay sempre paraza pra un empregado intelixente; vostede éyo e poide acupala, adevírtolle que tamén haberá acomodo pra sua hirmá. Vostede dirá se lle convén.

Daniel.- Don Francisco, meu agradecemento é grande, pro haberá de perdonarme se non acedo a sua xenerosa oferta. (Sensación)

D. Frco.- Dada a sua situación me non esprico a sua negativa. (Todos asinten)

Daniel.- ¡Con dolore da alma procedo asi!

D. Frco.- Está ben, vostede terá os seus motivos que eu respeto, pro se en calesunquer circustancias se vise algún día n-o caso de precisar de min, non teña roparo pois buscándome sempre me alcontrará. Dareille a miña direición.

Daniel.- ¡Don Francisco! (Triste e humilde)

D. Frco.- Nada, nada, xa está dito... E agora vou botar o meu parrafeo matinal c'o noso amigo Don Manuel Doscampos, Capitán d'o "Infanta", que è tamén un dos bôs e enxebres gallegos.

Eduardo.- Daquela acompañareino e fumaremos.

D. Frco.- Corrente, e n-as mentres se Daniel o ten á ben, poide lle dare á Alicia as noticias que lle pideu, dos libros.

(Vanse don Francisco y Eduardo pol-a porta da ponte direita falando en voz baixa.- Alicia que en toda esta escena mostrarase desasosegada e con moito interés, séntase e indícalle asento cabo d'ela á Daniel que o utiliza aparentando reserva y emoción como loitando con encontrados sentimentos)



Escena III
Alicia e Daniel

Daniel.- Estou âs suas ordes, señorita.

Alicia.- Terei que renunciar ôs seus servicios.

Daniel.- ¿Por qué? (Estranado)

Alicia.- Lembreime tarde... pronto separarémonos.

Daniel.- ¡Eu farei por vela... eu buscareina!

Alicia.- Pra se non tomar tal molestia o millor houbera sido ademitire a proposición que polo-o seu ben lle fixo meu pai.

Daniel.- ¡Se non poido, señorita!

Alicia.- ¿Quizais pol-a doenza da sua hirmá? Se por eso fose non se preocupe, Madalena pasará n-a miña compaña todo o tempo que dure o seu restabrecimento; eu estou sola e as duas levarémonos prefeitamente.

Daniel.- ¡Tampouco è por eso... créamo! Estou sofrindo un verdadeiro tormento, porque quixera falar e ainda aparecendo como ingrato non poido decire nada do que á este asunto refírese.

Alicia.- ¿D'aquela è un segredo?

Daniel.- ¡Si, è un segredo!...

Alicia.- ¿Tal vez algunha treición de amor?

Daniel.- Fora da miña nai e da miña hirmá non amei hasta o de agora á ningunha outra muller.

Alicia.- Unha derradeira pregunta: ¿Ese segredo en nada compromete o seu honor?

(Daniel fai un involuntario movemento de protesta)

Daniel.- ¡E solo desgracias de familia!, ¡Sin honor eu non podería vivir!

Alicia.- Ha de me perdoar a miña insistencia pro sinto tan forte simpatia pol-a sua hirmá... e tamén por vostede agora que sei que ten un profundo delor n-a alma, que daria calquera cousa por lles prodigar os meus consolos.

Daniel.- Eu llo estimo, Alicia, porque noto en vostede un alma grande, e a sua xenerosidade no meu corazón, desperta latexos que por non habelos xamais sentido non acerto à definir.

Alicia.- ¿Gardará boa lembranza de min?

Daniel.- Sempre a tendrei presente, e cando rece pol-a miña nai, o nome de vostede irá xunto c'o d'ela pra pedir o seu ben.

Alicia.- ¡O mesmo lle prometo!

Daniel.- ¡Acórdese de min, e unidol-os nosos espritos pol-o imán da telepatía istantes haberá n-os que ambos asociaránse c'os mesmos sentimentos!

Alicia.- ¡Faime chorar! (Erguese co pano n-os ollos diríxese â borda da direita.- Daniel sin se conter a sigue, préndelle unha man e lla bica)

Daniel.- ¡Alicia! (Alicia vólvese a él)

Alicia.- ¡Daniel, Diol-o ampare xa que eu non poido leval-a calma ô seu atribulado corazón! (Mira ô mar ocultando a emoción)

Daniel.- ¡Coidei que xa non quedaba fel n-o cálice dos meus sofrimentos e inda atopo n-él mais amargores!

(Daniel vai cara a porta esquerda pol-a que aparece Eduardo traguendo do brazo a Madalena, que ven moi pálida e vestida de negro ou moy escuro cuberta a cabeza por potente velo.- O ver á Daniel xúntase à él.- Alicia continua austraida mirando ô mar)

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega