m1arcebispolagotesouro.html
Reina
Urraca, reina Urraca
malafada
te fadou
que
foche unha triste reina
tendo
tan gran corazón.
Si
despois qu'enviudache
do
Conde que era tan bó,
non
te casaras co Rey
D.
Alfonso d'Aragón;
Si
suidaras de Galicia
e
lle tiveras amor
a
terra que t'acramaba
y
o neno que Dios che dou,
non
serias o que foche
vállate
Dios.
Velei
veñen pol-as ruas,
formados
os escuadrós
ca
xente que D.ª Urraca
por
eses mundos levou
a
loitar contra seu home,
por
ver quen manda dos dous;
velei
veñen e tran fame,
que
non lles deron ración.
Donde
os leva D.ª Urraca?
pra
que os truxo o pé de nos?
Aique
muller sin xuicio!
que
reina! que tarollóu!
Doña
Urraca, doña Urraca
vállate
Dios.
A
reina chegou a eirexa
e
po-las portas entrou
o
pé de nosa señora
foi
rezar unha oración.
¿Rezar?
Poida que rezase,
mais
logo se levantou
y
achegándose o Tesouro
da
nai do Noso Señor
as
duas maus meten na caixa
cen
marcos d'ouro sacou,
e
botou fora da eirexa,
correndo
como un ladrón.
Reina
que toubas os Santos,
¡vállate
Dios!
Ben
repartiu o diñeiro,
ben
a trola se fartou...
Doña
Urraca estaba triste
-non-o
habia de estar, non!
qu'aquel
toubo que fixera
roubáralle
o seu honor.
Malmuraban
os soldados,
botaban
escomunios
os
cregos o ver que a reina
cen
marcos d'ouro roubou,
y-o
pobo de Lugo todo
repetía
con delor:
-Reina
ladra, reina ladra,
vállate
Dios!
Doña
Urraca tivo medo
mirou
po-lo seu honor
y-o
pé de Santa María
foi
rezar outra oración.
Rezar?
D'esta vez rezouna
e
tristes bagoas chorou
dicindo:
Santa María
dádeme
o voso perdón
si
vos roubei o tesouro,
vilas
e terras vos dou.
Pedidelle
o voso fillo
que
me dea a salvación.
-D.ª
Urraca, probe reina,
vállate
Dios!
Moito
andivo D.ª Urraca
de
Galicia para Aragon;
moitas
amistades fixo
e
moitas desbaratou;
moitas
guerras alcendei
por
xerreira y ambición.
D'obras
boas que fixese
non
contan nosos avós
outra
dina de memoria
fora
da restitución
dos
marcos que lle roubara
a
Virxe do noso amor.
-Urraca,
Dios che perdone;
vállate
Dios.