Escolma de traballos

Páxina Anterior

"Da renascencia lingüistica".

 

m2johanviqueiraescolma003.html
DA RENASCENCIA LINGÜISTICA

I

     ¡Para os tempos novos fala nova! O galego é algo que se fai, que se crea, non algo feito. Mais pra facel-o hay que coñecer as suas posibilidades actuaes (a sua gramática) e as suas posibilidades futuras en germe n'as actuaes (o seu dinamismo).

II

     Gramática Galega temo-l-a. A de Saco de Arce, aínda que vella, é aproveitable. Ademais temos as gramáticas portuguesas, que moito nos poden ensinar. E o mismo digo d'os diccionarios.-E que os novos fagan novas gramáticas e diccionarios novos!

III

     Canto ao léxico, as verbas e a súa pureza, quero facer que se enserga que non debemos de atermos â realidade lingüistica d'hoge, sobre todo a impura d'as vilas. Leamos os testos antigos e clásicos. Vede, por exemplo: uns escreben conocer, outros conecer, na gramática de Saco de Arce e en Sarmiento atopamos a verdadeira forma: coñecer. E así sempre; ou nos testos ou nas referencias a iles acharedes as formas puras. Senon ide buscal-as ao portugués.

IV

     Eu escrebo os pluraes galegos, n'os casos correspondentes, en aes e non en as. Porque: 1) É a forma mais prosima ó portugués e ajuda a mais ser comprendida a nosa língua. 2) É a forma que existiu ate o século XV no que alterna con os pluraes as (así p. ex., sinais e sinás usaronse ao mesmo tempo). 3) Oradores de fonética, de pronuncia pura (por ex., o meu amigo Peña Novo) tende a pronunciar os pruraes á portuguesa; así dín sinais, escrito sinaes. Esto penso eu que é a pronuncia futura. Cada un pronuncie como queira! (*)

V

     Mui ben dí meu amigo Correa Calderón: temos que crear o galego do noso século! Eu engado: o galego integralmente, no seu léxico, na sua gramática, na sua pronuncia. Esta pronuncia ou dicción nosa ten de ser o selo d'os galegos escolleitos. Debemos, non so pronunciar millor, senon darmos unha maior riqueza fonética no galego. ¡E isto pode ser! Do século XV ao XVI cambio totalmente a fonética do castelán, aínda que os gramáticos académicos favorecían a conservación d'antiga pronuncia. ¡Liberemonos da fonética casteláa e depuremos a nosa!

VI

     ¿Qué quer decir vellos ou novos? Non os que teñen poucos e moitos anos, senon os jóvenes d'alma e os vellos d'esprito. Hai homes de vinte anos que son vellísimos, e vellos de oitenta que son aínda valentes rapaces!

VII

     ¿Que non temos clásicos galegos? Fagamos nosos os clásicos portugueses. Sobre todo Camoens pode ser o noso mestre!

VIII

     A ortografía etimológica debe se-la nosa. Nos é preciso estudala ¿Cómo? Aprendendo a escribir en portugués. Nós, galegos futuristas, temos de expresarnos indiferentemente en hespañol, galego, portugués e inglés. Estas catro línguas han-se d'ensinar na escola primaria. ¿Estravagancia? ¡Non! Fáise en Bélgica, en Suiza e outros países!


(*)  O que sigue é unha nota de Viqueira á traducción galega do seu artigo Ser o no ser publicada en "A Nosa Terra" o 15 de xuño de 1919:
     Os pluraes en aes como universaes teñen duas pronunciaciós en galego que eu escribo d'esta única maneira. Podense pronunciar remantando en as; p. ex. universás. Ou podense pronunciar terminando aproximadamente, en ais; p. ej. universais. Do primeiro plural nada hei de dicir. O segundo (aínda que se negue) existe, como o proban os seguintes versos de srosalía. (Follas novas):

Que s'el me chama sin parar eu teño
unhas ansias mortais d'apousar n'el!

D'os trinos matinais dos paxariños.

     Os meus leitores poden pois pronunciar os pluraes en aes en as ou en ais. Eu prefiro a segunda forma como máis melodiosa, máis antiga e máis literaria. A forma ortográfica aes é útil pol-a sua somellanza co'o portugués. Ao meu ver non abonda oubir falar os labregos para escribirmos galego, senon que fai falla estudar os clásicos medioevaes e posteriores. O galego para facerse língua culta ten que transformarse.



(Publicado en "A Nosta Terra" o 6 de xaneiro do 1919.)

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega