VEN miña xoya, ven meu pequeno,
Dolce consolo d'o mal que peno,
Anxel que gardas meu existir;
Ven que xa teño eu pra ti solo
Fogo n'os bicos, amor n'o colo,
Mel n'as palabras soio pra tí.
Cando ti crezas,
meu pequeniño,
Faréich' un traxe de galleguiño;
Verás que groria, verás que ben,
Terás pra gala n'os dias de feira,
Calzós de rizo, terás monteira
Y-un pao con moca, terás tamen.
[p. 83]
Cando n'a calle teu traxe asomes
«¡Ay un gallego!» dirán os homes
Y-as mullerciñas d'a pobracion
E ti diráslles: «Sepia o que o pense
Qu' un galleguiño d'eiqui d' Ourense
A moita honra, carafio, son.»
Cando vayámos a
unha romaxe
Irás postiño con ise traxe
Pra que te vexan, meu dulce amor;
Serás lembrado n'o pobo inteiro,
Serás a xoya d'aquil turreiro;
Cal ti tan postos, non verás dous.
Os dous iremos
n'un cabaliño
A vel'a festa d'o Carballiño.
Y á Celanova n'a d'o Cristal;
A Ribadavia pol-a vendima:
Quen ven se quere, mellor s'estima,
Nos viviremos pra troulear.
Sei que non podo
chegar á vello.
Y-antes que morra darch' un consello
Vou, meu filliño d'o curazon:
Ama cal amo eu á Galicia
Respeta os vellos tem'a xusticia,
Sé bó c'os probes, y-adora a Dios.
[p. 84]
D'os bos o nome xamais se borra:
Si é que ti vives dempois qu' eu morra,
Na miña cova roga por min;
Si eres poeta, non vertas pranto,
Solo cobizo me dés un canto
Como recordo d'o que sufrin.
|