Eu ben o vin; co seu morral n'o lombo
Cara a Cudeiro ben 'o vin marchar...
Leváronmo pra guerra... ¡Ay probe fillo...;
Ay probe fillo!! ¡¡Coitadiña nay!!
Eu xa non teño quen console agora
As penas que m' afrixen; sin il son
Sér que morre do dóor e soedades,
Alma sin sonos é xardin sin frór.
Inda hoxe o recordo, e inda teño
Gardadas n'o meu triste curazon,
As vágoas d' os seus ollos, as palabras
Que me dixo o meu ben cando se fói.
Miña nay, miña nay, cále, non chore,
Dixo o probe, morrendo de pesar,
Diume unha apreta logo e dispidíuse,
Fóise despois, e non 'o vin xá mais.
A miña xoya, 'o meu tesouro, 'o fillo
[p. 19]
Que con moitos traballos eu criéi
¿Onde s'atopará? ¿morréu, ou vive?
¿Eu morrereime sin volvélo a ver?
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Anduriñas voadoras que traspóndes
Os espacios, si o vedes, por piedá
Faládelle de min, qu'o quero moito
Que veña aixiña, aixiña pr'o lugar...
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
¡Ay! e ninguen responde, todo cála,...
Soedades..., dóor..., ¡e lonxe d'íl!
Sí xá non vivo sin meu probe fillo,
¿Ondo estás morte, que non vés por min? |