Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

 

"Prólogo". "Introducción" (pp. 3-10)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro001.html

[p. 3]

O MEU FILLIÑO.


     Dedícoche istas páxinas. ¡Ogallá que cando chegues a ser home, elas esperten n'o teu curazon 'o sentemento d'amor a nosa esquecida terra.


[p. 5]


PRÓLOGO.


     A nosa pátria conta con moitos o bos fillos: Galicia, seica vai espertando d'a deixadez en que facia. E necesairo, pois, que cantos por bos gallegos se teñen, precuren xeneralizar ó brando e melosíño lengüaxe d'os nosos abóos.
     De vez en cando, algunhos xénios erguen á sua voz pra cantar seus inspirados versiños en gallego. Votade unha ollad' as tenrísimas follas que pubricou fai algus anos á rola de Galicia chamada Rosalía Castro de Murguía: ¡canta tenrura é canto sentemento é canta poesía teñen 'os seus versos! Ven mal parados quedaron ises barafullas que din qu'a nosa lengua é árida e falta de espresiós e melodía.
     Leede á Gaita Gallega de D. Xoan Manoel Pintos, e terédes que confesar que n'ela resprandece

[p. 6]

toda isa gracia que teñen as costumes e diversiós d'os nosos campesinos; leede os versos de D. Francisco Añon, os de D. Eduardo Pondal, e non podredes menos de chorar e rir 'on tempo mesmo; 'o primeiro distinguese po-lo seu gracexo inimitabre, estoutro po-lo sentimento é melancolia que teñen —as suas canciós.
     Dous cantores gallegos que dormen n'a cova 'o sono d`a morte, tamen enriqueceron a nosa lengua con inspiradas cántigas: falo de D. Alberte Camiño é D. Xosé Garcia Mosqueira, qu' inda os chora e chora, e chorará sempre toda Galicia.
     Un virtuoso e llustrado crego, un por moitos concetos distinguido literato, deunos un tesouro de moito valer, unha xoya que soilo podrán apreciar aquiles que conozan as desfavorabres condiciós conque tivo que loitar, pra por fin á ese menumento d'a nosa literatura, pra escribir á Gramática gallega. D. Xoan Anton Saco e Arce, é merecente d'unha coroa, é merecente po-lo tanto d'a ademiracion e cariño d'o seus veciños.
     Emprendo hoxe pois á pubricacion d'as ESPIÑAS FOLLAS É FRORES. ¡Dios queira que pódia seguir á senda de frores por que camiñaron istes xénios!
     Eu ven sei que non podo voar tan alto cal iles; os meus probes versiños non son mais que solitarias violetas é non teñen outro mérito tampouco mais qu'o prefume d'amor pátrio que respiran.

[p. 7]

     Ven quixera quiste libriño chegáse hastr' as maos d'os que pobran as aldeas mais acurrunchadas, quixera espertar n'o curazon d'os meus paisanos 'o amor—á nosa dulcísima lengua. (Causa vergonza decilo) os mesmos nosos campesinos mistúrana hoxe sin piedade co'a castellana. Non podrei lograr os meus deseyos porque son probe; pidólle pois de favor á cantos merquen iste libriño, si é que non lles prace, que llo regalen á calquera aldeyano qu'atopen no seu camiño, pra que leéndoo entr'eles, vexan que non é vergonza, cal pensan, 'o espresarse n'a sua rica fala.
     Non quero decir por isto, que 'o meu lenguaxe sea castizo, non me gabo tanto; falo así porque como dí 'o refran d'o mal'o menos.
     ¡Ogallá qu'o meu libriño xegue a encher 'o fin qu' eu cobizo!
     ¡Ogallá qu'os que conozan 'o meu pensamento, axuden 'os meus esforzos!


Valentin L. Carvajal.


[p. 9]


INTRODUCCION.


     Vou vos falar n'o prácido lenguaxe,
D'as afecciós dulcísimas e tenras,
N'ise lenguaxe brando e melosiño
Cal son 'os fillos d'ista nobre terra;
N'ise lenguaxe, singular concerto
De sospiros, d'ayes e de queixas,
Dulce cal'isa vaga melodia
Qu'os campos teñen, cand'o sol-esperta,
Ou cando morre a tarde silenciosa
E cando a noite con cen sombras chega:
N'ise lenguaxe, musica d'o ceo,
Eiquí vibrada por mortales lenguas,
Eco d'o curazon que sofre e chora
Espresion d'unha yalma d 'amor chea.

[p. 10]

Eu vin a lus, d'o renembrado Miño,
N'as froridas e máxicas ribeiras;
D'ise rio prateado e maxestoso
Que nace e morre n'a rexion gallega;
D'ise rio 'o mellor d'a miña patria
Quero pois eu seguir a sorte mesma,
Quero ser cal-as frores que n'o Outono
Morren und'o follato en que naceran.
Coitado trovador d'istas montanas
Mentras a morte non atope n'elas,
Eu cantarei as grorias e custumes
D'os nobres fillos d'ista santa terra,
Nido d'amor mimado pol'o ceo,
Encantado xardin d'a natureza.
Vinde pois meus gallegos 'os que tendes
As nobres almas de entusiasmo cheas,
Os que sintides inframar o peito
C'os recordos de grorias e grandezas:
Vinde tamen'as que d'amor morrédes
Dulces, sensibres o garridas nenas,
Eu cantarei tamen vosos amores,
Anque probe e sin lus, Dios m'alumea.

 

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega