Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"Un curazon doorido" (pp. 41-42)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro011.html




[p. 41]

UN CURAZON DOORIDO.


LISONXEIRA esperanza, groria miña
Que nos meus sonos cando neno vin,
¿Pra que te mostras con nemiga sorte

¿Pra que fuxes de min?


     Paz d'o meu curazon que sufre e chora
Sin que naide conoza o seu sufrir,
Lume d'o craro sol, ¿pra que tan cedo

Por meu mal vos perdin?


     Almas boas que fúchedes un tempo
O meu consolo, a miña groria eiquí,
¿Como non vindes á calmar agora

Os meus doores sin fin?


     Eu son n'a terra onde vivo e morro
Un esprito xa feito pra sentir.

[p. 42]

Un curazon sin ilusiós nin sonos,

Un coitado infelis.


     Sin lus, sin groria, sin amigos tenros,
Por istas terras camiñando vou....
Deixádeme cantar..., que'as miñas penas

Asi consolo dou.

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
     ¿Chámasme ti arcanxel d'o meu ceo?
¡Ai Virxen santa. celestial Xesus!
¡E disme que te mire!... ¿ti non sabes

Que xa non vexo á lus?

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
     Cala, cala, non chores quiridiña
Non redobres co-as vágoas meu sufrir...,
¿Dis que queres chorar?... pois chora, chora...

¡Que coitado eu nacin!


     ¡Sin lus, sin groria, sin amigos tenros
Por istas terras camiñando vou....
Deixádeme cantar... que'as miñas penas

Asi consolo dou!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega