Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"A rola de Galicia" (pp. 43-45)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro012.html

[p. 43]

'A ROLA DE GALICIA

ROSALIA CASTRO DE MURGUIA.


ROUSINOL d'a miña pátria,
D'a nosa ribeira rola,
Pombiña con pico d'ouro,
Xénio esprendente de groria:
Non sei que teñen teus cantos,
Non sei que teñen tuas trovas,
Qu'o meu curazon inframan
Cando as digo de mamoria,
Desqu'as deprendin de neno
Decote se me recordan.

     Cando estribes teus versiños
Quizayes 'a pruma mollas
N'os rayos d'o sol, que tinguen
Os picoutos de lus roxa,

[p. 44]

Ou de noite cando 'a lua
As augas correntes doura
N'o espello d'o craro rio
'O mirarse melancólica:
Ti dos niños d'os paxáros
'As amantes queixas roubas,
E colles d'o val prefumes,
E lus e vida d'as hortas,
Sospiros de cantos sofren,
E vágoas dé cantos choran;
Pra compoñer isas cántigas
Co-as que entretés e namoras,
Isas cantiguiñas brandas
Que falan de moitas cousas,...
Ecos d'as voces d'os ánxeles,
Qu'o pé d'o Señor revoan...

     Non sei que dera por ter
'O teu xenio, miña xoya,
Rousinol d'a míña patria,
D'a nosa ribeira rola.
Bendita sea a naiciña
Que t'arrulou coidadosa,
O pai que che deu alento
Y 'o marido que t'adoura,
Os curazós que te queiran
Y'as almas que te conozan.

[p. 45]

     Ti xa ben estar debéras
Pra gala d'a terra nosa
N'unha xauliña de ouro
Chea de perlas preciosas;
Deberan poñerche logo
N'a tua frente duas coroas,
Que xá ll'as dech'a Galicia,
E son dolcísima rola,
Unha, os Cantares gallegos,
E outra' as últimas Follas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega