Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"A nai c'o neno que dorme" (pp. 50-53)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro016.html




[p. 50]

A NAI C'O NENO QUE DORME.


I.

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 
Non falédes... caladiños...
Qu' está durmindo meu neno
En dolce paz, cal si fose
Un anxeliño d'o ceo:
Non lle fagádes barullo,
Eu cando dormindo o vexo
Coido de que non se mova
Nin unha palla, non quero
Que naide veña a turbare
O sono d'o meu pequeno,
¿Pois quen sabe si falando
Fai con Dios agora mesmo?

[p. 51]


II.

     Eu non Ile quero dar bicos
E solo me folgo en velo
Durmidiño cal un ánxel;
Como son nai, tempo teño
De bicálo moito, moito
As veces que chora esperto
Chist... calados ¿non oubides
O xemir d'o seu alento?


III.

     Ont'a noite o probeciño
Non dormíu e tíña medo,
E choróu cal sí estivese
N'ista terra sin achego;
Enton coitada de min!
Tiven tantos pensamentos
Qu' a dercirvos si quixera,
O que sentin, non acerto:
Si eu lle morro, si soliño
N'o mundo meu fillo deixo
Que será d'il? ¿quen lle pode
Dar ise cariño tenro,
Que solo sabe unha nai
Gardar n'o fondo d'o peito?
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

[p. 52]

¡Caladiños non fagádes
Espertal'o meu pequeno!


IV.

     Hoxe riíu, os seus ollos
Azules, fixou no ceo,
E falaba moitas cousas;
Poro ¡falaba tan quedo!
Que non sei que cousas eran
As qu'oubin e non entendo;
Outra vez de novo volven
As dudas e pensamentos,
¿Será que Dios dende a groria
Fala co-as almas d'os nenos?


V.

     Hoxe paseéi n'a horta
Vin dous craveles d'inverno,
Un xá casi desfollado
Por-riba d'outro pequeno,
Enton como si estibese
Por diante d'un craro espello,
Vin o meu neno vivindo
Mentras eu iba morrendo,
Y-é que moitas veces falan
Con tal verdá os obxetos

[p. 53]

Que n'unha fror, ven os ollos
Un mundo de sentimentos.
¡Ay!, que istes dous caraveles
Teñen pra min un misteiro!


VI.

     Non vos riádes de min
Si é que tola vos parezo,
Quixera con brando arrulo
Adormil-o meu pequeno
Pra que non sufra nin chore
Nin padeza o qu'eu padezo;
¡Si fose iste mundo un sono
D'amor e praceres cheo,
Pra espertar dempois de morto
Aló n'as rexiós d'os ceos!
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Mais xa esperta.... durme, durme
Eh.... eh.... eh.... dúrmete neno.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega