Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"O espertal-o dia" (pp. 54-57)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro017.html




[p. 54]

'O ESPERTAL-O DIA.

EN CONXO.


     O sol que doura souto e ribeira
Sái esparcindo tesouros mil,
Os regos bulen pol-a pradeira
Brilan as frores d'a primaveira,
Tí solo nena faltas eiquí.

     Ven que te chaman os paxariños
Con tenros cantos dende seus niños,

[p. 55]

Non te deteñas, ven prond'a min,
Qu'istes encantos d'a natureza,
Non son consolo pra ista tristeza
Que sinto nena lonxe de tí.

    
N'istas garridas verdes alfrombas
Unha manada de brancas pombas
A beber auga veus'e detér;
Y'a nobre filla d'un estranxeiro
A cova sua y-un monasteiro
Cumprind' un voto mandóu facer.

N'ista ribeira sempre garrida
D'o Sar lixeiro mormullador
Fai o convento no que Rosuida
Esconsolada pasou a vida
Chorando a morte d'o seu amor.

    
Conxo que garda distes amores
A negra hestoria, chea de doores,
Será testigo d'o noso afán;
As duas sombras d'os namorados
Qu' en vida foron tan acoitados,
As nosas citas protexerán.

    
Deprenderemos a ser costantes;
A triste hestoria dises amantes
Será o consolo d'o noso amor,

[p. 56]

Pois xa sabemos que cando e forte
Tanto n'a vida como n'a morte
Deixa recordos unha pasion.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

    
¡Si tu poideras ver o qu'eu vexo!
¡Cantos encantos canto refrexo
E cantos rayos de vida e lus!
Vexo Santiago sempre xigante,
¡Cantas eirexas vexo por diante,
E cantas torres e canta crus!

    
Fai San Lourenzo n'isa fondura,
Velvís erguido n'aquela altura,
'O pé d'o pobo sospira o Sar;
A Rocha dorme n'uha ladeira,
Baixo d'os mantos d'unha silveira
Pensa n'os anos que viu pasar.

    
Non sei que cousas estranas teñen
Istes recordos qu'agora veñen
A cunfundirse n'o curazon;
En canto miro vexo poesía:

[p. 57]

Ven miña xoya que chega o dia
Ven meu arcánxel que sái o sol.

    
Ven que te chaman os paxariños
Con tenros cantos dende seus niños,
Non te deteñas ven prond'a min
Quistes encantos d'a natureza
Non son consolo pra ista tristeza
Que sinto nena lonxe de tí.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega