Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"Os aires d'a miña Terra" (pp. 58-60)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro018.html




[p. 58]

OS AIRES D'A MIÑA TERRA.

'O MEU QUIRIDO AMIGO O INSPIRADO POETA GALLEGO
MANOEL CURROS ENRIQUEZ.


     DIAS de sol feiticeiros,
Noites de luar seréas,
Albas d'o enxoito verao
Tardiñas d'a primaveira;
¡Ay! traéndeme ises aires
Que sospiran, que se queixan,
N'os alboriños d'o souto,
N'as fontelas d'a ribeira,
N'os picoutos d'as montanas
E n'as chouzas d'as aldeas,
Os airiños de Galicia

[p. 59]

Os aires d'a miña terra,
Eu non sei que teño...
Morro de soedades é penas
Sin atopar un consolo
Ni quen conmigo padeza;
Vou camiñando pr'a cova
Sin chorar pois vexo n'ela
A prácida sombra amiga
D'os meus males compañeira,
Co curazon doorido,
Co-a miña probe alma enferma,
Como fror que se desfolla.....
Cal música que s'aleixa.....
Como unha lux que s'apaga
Vou morrendo de tristeza:
Si en algo encontro consolo,
Si algunhas cousas m'alentan,
Son os aires de Galicia,
Os aires d'a miña terra,

     Fillos d'ista nobre patria,
Gallegos qu' alá n'a América
Tristemente sospirádes
Por vir eixiña pra ela;
Os que tedes eiquí fixas
As ilusiós lisonxeiras,
Os pracenteiros recordos,
As esperanzas mais ledas:

[p. 60]

Volvéde logo, volvéde
A respirar n'as aldeas
Istes airiños lixeiros
Qu'as nosas frentes refrescan,
Que collen ecos d'os rios
E prefumes d'as pradeiras,
Os airiños de Galicia
Os aires d´a miña terra.

     Eu muy pouco vivirei
Pois mórrome de tristeza;
Cando sosegue n'a cova,
Cando non teña quen verta
Unha esconsolada vágoa
Nin frores por riba d'ela,
Cando ninguen me recorde...
Cando ó meu nome se perda
Eu pídolle á Dios que biquen
A miña lousa de pedra
Ises airiños lixeiros,
Que sospiran, que se queixan
N'os alboriños d'o souto.
Nas fontelas d'a ribeira
Nos picoutos d'as montanas
E n'as chouzas d'as aldeas,
Os airiños de Galicia
Os aires d'a miña terra.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega