Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"N'o simenteiro d'Ourense" (pp. 11-13)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro002.html




[p. 11]

N'O SIMENTEIRO D' OURENSE.

UN RECORDO
'O INXENIOSO E INSPIRADO POETA GALLEGO
DON XOSÉ GARCIA MOSQUEIRA.


     E unha tarde, tarde serea,
De lus, praceres y'encantos chea,

O sol aluma veiga e pinar;
Soilo eu chamado por un misteiro

Veira unha cova d'o Simenteiro.
Esconsolado veño a chorar.
     ¡Ourense, Ourense... cantos doores

Entre garridos ramos de frores
Ay... pr'os teus fillos gardados tés!
¡E cantas vágoas de pena ardente
Leva o rio Miño n'a sua corrente
D' auga que leda bica 'os teus pés!

[p. 12]

Cantor que dormes eiquí esquecido,

Espritu d' anxel, xénio nacido
N'o chao gallego, n'iste xardin;
¡Que coitadiña foi a tua sorte...
Nin n'a tua vida nin n'a tua morte
Unha coróa colliche d,il!
     Nobre poeta, com'outros tantos

Que foron grandes pol'os seus cantos
Chéos de grorias e inspiracion,
Vivo alcanzache soilo doores;
Morto, unha probe cova sin frores
Falta do vágoas e d' oraciós.
     Probe Galicia, nai sin ventura,

As tuas grandezas, a noit' escurá
D'o negro olvido, sumindo vay,
Si e que perguntan naciós estranas

Que fas d'os fillos d'as tuas entranas,
¿Qué vás decirlles, coitada nai?
     Pensa que mortos, sin menumentos
Tel-os teus héroes y'os teus talentos,
Xénios que foron moito pra tí,
Perdendo asina vás d'a tua hestoria
Nomes ilustres follas de groria,
Grandiosos feitos, fazañas mil.
     Cando as gallegas xentes que veñan
En moita estima y' en honra teñan
As nobres cinsas d'iste cantor;
Si é que ch'as piden, nai descoidada,

[p. 13]

¿Poderás darllas? ¿Onde gardada

Tés isa xoya de gran valor?
     Eiquí d' Ourense n'o Simenteiro

Ninguén atopa rastro lixeiro
Que pra buscala sirva de lus;

Naide o recorda..., ¡ceyo bendito!
Naide oxe garda seu nome escrito...

¡Nin unha lousa, nin unha crus!

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
     Cinsas sagradas pra min quiridas

que pol,o vento vádes perdidas,
Sin rumbo fixo, d'eiqui pr'alí,
¡Ay! pra ista cova volvede logo
Eu vo-l'o pido, eu vo-l'o rogo,
Pois necesáiras sodes eiquí.
     Mañá de fixo, cando 'a xusticia

Sente seu trono n'ista Galicia,
Pátria sofrida, nobre e leal,
Terédes cinsas, mellor mamoria...,
GARCIA MOSQUEIRA foy unha groria
Logo seu nome será imortal.


Agosto 1874.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega