Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"Os ollos d'o anxel d'a morte" (pp. 95-97)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro028.html




[p. 95]

OS OLLOS D'O ANXEL D'A MORTE.


     VÉNSE n'a Limia unhas frores
Que unha hestoria de doores
Gardan as probes en sí,
Tiveron tan mala sorte
Que ollos d'o anxel d'a morte
Chámanlle as gentes d'alí.
Contan antíguas consellas,
E índa hoxe o din as vellas,
Que son parezenza leal
D'os ollos d'unha coitada
Que padeceu namorada
N'unha torre de Sandiás.

[p. 96]

     Seu prefume é tan lixeiro
Que fuxe com'o primeiro
Sospiro d'o curazon,
E-chega dempois 'o ceo
D'amor e tenrura cheo
En aas de vibraciós.

     Os qu'a veiriña recorren
D'o craro lago; que morren
Onde nacen, vendo van,
Cara'a Celme a sua cabeza
Vaixan con moita tristeza
Y-o morrer bican o chan;
Son frores tristes qu'herdaron
As coitas de quen tomaron
A semellanza e color;
Frores que son a mamoria
D'a triste e tráxica hestoria
D'un esconsolado amor.
N'o escuro dia en que chove,
Si é qu'a leda brisa as move
As píngas cal vágoas cán,
Y-as frores samellan solo
Ollos sin luz nin consolo
Que se desfan a chorar

     Frores que si as move o vento
Vólvese o bico un lamento

[p. 97]

Unha queixa funeral;
Frores d'estrana existenza
Teñen n'un misteiro a esenza,
A vida n'a soedá.

     Os qu'un imposibre amades,
Os que n'a terra chorades,
Os que morredes d'amor,
A mai estas probes frores
Qu'as mais tristes e mellores
D'o Lago d'a Limia son.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega