Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"Queixas" (pp. 14-17)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro003.html




[p. 14]

QUEIXAS.


     ESTOU soliño n'o mundo.
Naide me ven consolar,
Que son as vágoas d-os probes
Pingas de xuvia n'o mar.
Eu vivo infelís n'aldea,
Coitadiño n'a ciudá,
Morro n-os soutos de coitas,
N'os montes de soedá:
Eu vou cal sombra d'un morto
Correndo d'aiquí pr'alá.
Sin amores, sin amigos,
Sin lus, nin groria nin lar:
¡Ay, quen n'a rexion d'o espritu
Poidera vivir en paz....!
¡Ay quen tivera aas, aas,
Moitas aas pra voar... !

[p. 15]

     Sai 'o sol e sai a lua
'O firmamento alumar;
Cúbrese 'o ceo de estrelas,
'O mar vólvese un cristal,
Mostránse as frores garridas
C'o orballo d'a mañan.
Todo esperta, todo vive,
Todo é lus e craridá;
Solo eu coitado non vexo
Tanta groria e maxestad,
N'iste deserto en que morro
Xa canso de sospirar
¡Ay quen n'a rexión d'o espritu
Poidera vivir en paz...!
¡Ay quen tivera aas, aas...
Moitas aas pra voar...!

     Alá ván as miñas ánsias
Meu pensamento aló vai,
Ond-os probiños gallegos
De fatiga morrerán:
Deixan n'iste chao frorido
A sua quirida; a nái
Qu'os arrulou cando nenos
Con louca felicidá;
Deixan a terra que garda
Os despoxos de sus páis,

[p. 16]

¿E pra qué? pra comer lonxe
D'o desterro o negro pan.

     Meus gallegos, meus paisanos
Non volvades a emigrar;
Meus paisanos, meus gallegos
Volvede aixiña pr'acá:
É mellor fame n'a aldea
Que fartura n'ise lar,
Pensade ben que Galicia
Deserta morrendo vay
Pensade ben c'os craveles
Viven soilo n'o rosal,
As ovelliñas n'o monte;
As sardiniñas n'o mar.
Os peixes n'o craro rio,
As ledas frores n'o val
Os gallegos en Galicia,
Lonxe morren de pesar;
Pensade que poucos veñen
Que son moitos 'os que van;
¡Ay, Bos-Aires unha cova,
E pra nosa mocedá!

     Quixera que m' escoitaran,
Estou canso d' agardar;

[p. 17]

Quixera traspol-os montes
Voando n'a imensidá,
Quixera traspol-os rios,
Quixera traspol-a mar,
E chegar hasta Bos-Aires
Ond' os gallegos están,
Falarlles de moitas cousas
Facélos volver pr'acá;
Mais ¡ay de min coitadiño,
Que nada pódo lograr!
Probe é sin lus, ¿qu'ei facer
Si non sofrir é chorar?..
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
¡
Ay quen n'a rexion d'o espritu
Poidera vivir en paz!
¡Ay quen tivera aas, aas,
Moitas aas pra voar!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega