Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"O fiadeiro" (pp. 20-26)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro005.html




[p. 20]

0 FIADEIRO.

'O MEU QUIRIDO AMIGO E INTELIXENTE XÓVEN,
AMANTE DE GALICIA,
D. CAMILO PLACER BOUZO.


I

     CANDO vai anoitecendo,
Cando as campás d'a parroquia,
O toque d'as oraciós
Dóoridamente dobran;
Cando d'os eidos s'aleixan
As xentes traballadoras
N'amentres que pol-os mortos
As almas cristianas rogan;
Camiño d'o fiadeiro
Van os mociños e mozas
Mais satisfeitos e ledos

[p. 21]

Que pr'a festa d'a parroquia,
Os ús brincando c'os outros,
Cantando entre dentes copras.


II

     Alí n'a casa d'o crego
'A lus d'un candil, que colga
D'unha baraza pequena,
Vénse as rapaciñas todas,
En dous ringuilós postiñas
As unhas diante d'as outrás,
Contando contos de bruxas,
Turra que turra d'a roca.
¡Ay que cariñas tan brancas,
Que xoviales, que xeitosas!
¡Canto fogo n'as miradas,
Cantas sourrisas n'as bocas!


III

     Alí tedes a Marica
Rapaza traballadora
Que fióu antronte'anoite
Dazasete mazarocas.
Unhas nove eran de liño,
As outras oito d' estopa;
Pero meu Dios ¡que fiadas,

[p. 22]

Que lisiñas e que boas!
Alí tedes a Carmela
Que deprendeu de mamoria
Os cristus, o calandario,
E moitos libros n'a escola;
Ela dibus as palabras
Como o crego d'a parroquia,
Isas cousas que se din
Cando van a erguer a hostia,
EIa lee de corrido
Facendo puntos e comas.
Si é que teñen en Bos-Aires
Cortexos algunhas mozas,
Ela escríbelles as cartas
Onde o seu amor lle mostran.
En fin é-vos a Carmela
Pra iste lugar unha xoya.


IV

     «Calade,... ei ven a trullada
D'os mozos de Santa-Comba,
Condergados... ¡como verran
E cantas cántigas votan!
Calande... que tran pandeiro,
E tran ferreñas e conchas...
Está feito hoxe hay ruada.»
Y'asi din y'asi reloucan,

[p. 23]

Os mozos pol-o camiño,
E no fiadeiro as mozas.


V

     «Xa chegan... chists... caladiñas
Que xá están chamando 'a porta.»
Pol-o burato d`a chave
Guicha un mozo dende fora,
C'o sombreiro car-atrás,
Cal si a beber auga fora.
Loitan outros por guichare,
Y'entre rempuxós e loitas
Arrebulladol-os, mozos
Fan abrir de par a porta.
Enton ármase o barullo,
Enton empezan as gordas,
Trema o candil n'a baraza,
Arreconchéganse as mozas,
Y os condergados d'os homes
Quérenlle queimar a estopa.
—¡Non pode ser!
— verran unhas
Escondendo 'o tempo as rocas,

—Non seades barafullas
Qu'o liño cartiños costa.

Mais ¿quen a ley alí pon,
Si ningun dito se escoita?
Vénse queimar as manelas,

[p. 24]

Os fusos pol-o chao rodan.
E cal si fosen o'demo
Trasfulcan cant'iles tocan.


VI

     Comenza a tocal-o chifro
Logo a pandereta sona,
¡Cata que demo!, calados
Quédan cando tal escoitan.
—Peneira ben o pandeiro
Dícelle Xoan a Calrota,
—¡Viva o fiadeiro, e vivan
Os mozos de Santa-Comba!

Y o pandeiro e pandereta
Y o chifro, y as castañolas
Que despois tañe o que baila,
E facendo duo ás conchas,
Compoñen a leda orquesta
De aquela trullada louca.


VII

     Cando cansan as rapazas
E rapaces de dar voltas,
Y as preguiceiras d'as vellas
D'an coteñadas ou roncan,
Séntase logo n'os bancos

[p. 25]

E dempois estorias contan;
Hay quen dí con xuramento
Que víu pol-a corredoira
D'o muhiño, unh'alma en pena
En duas sábas envolta.
Isto que conta Xuliana
Fai tremer de medo á todas.
Fala logo á tia Xacinta
(Por nomeada Cazola)
E dí que viu á Compaña (1)
Sair de noite, á deshora,
E que n'o medio d'o atrio
Fixeron logo unha focha,
E que por ela fuxiron
As unhas despois d'as outras.
Así vai corrend'o tempo,
Hastra que por fin escoitan
O rouco canto d'o galo
Qu'é o relox d'a parroquia,
De noite, pois pol-o dia
O son sírvelles de norma.
Van deixand'o o fiadeiro,
Pois ven que vai sendo hora;


(1) Chámase Compaña, n'as aldeas de Galicia, á unha creenza d'os campesinos, de que en dias fixos d'o ano, xúntanse moitos fantasmas, pra recorrel-os carreiros.


[p. 26]

E saen d'alí xuntiños
Cada mozo con sua moza.
Unhos van de parrafeo,
Os outros cantando copras
Chegan a sua casa, e dánse
As boas noites 'a porta.

Pouco despois, os aldeanos

Entre as brancas sábas folgan,
E sosega ó pobo enteiro
Agardando á lus d'aurora

O, fiadeiro pr'aldea
E 'o que n'a córte a pompa,

O que n'a cibdá os casinos
Y-o que n'as vilas as bromas;
Soilo que leva ventaxa
'As vilas y a córte louca,
En que traballan, 'o tempo
Que se divirten e folgan.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega