Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"A miña aldea" (pp. 29-31)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro007.html




[p. 29]

A MIÑA ALDEA..


PRETO d'os Castros de Trelle,
N'unha frorida ribeira
Onde moitas clás de frutos
E d' álbores vexetan,
Erguense as humildes chouzas
De San Pedro de Moreiras;
Probe aldeíña onde teño
As miñas grorias d'a terra,
O nido d'os meus amores,
Os recordos que m'alentan;
N'ela vin a lus d'o dia
E pol-a noite as estrelas;
Alí pensando n'o ceo
Vertin as vágoas primeiras;
Alí miña nai amante

[p. 30]

Arrulóume satisfeita
'O son queixumbroso e brando
D'as cantiguiñas gallegas;
Alí, no seu Camposanto
Onde debaixo d'as erbas
Dormen ó sono d'a morte
As miñas amadas prendas,
¡Cantas veces eu rezaba
Pensando choroso n'elas!
Alí non hay fror nin monte
Que nos meus sonos non vexa,
Nin souto que non conoza,
Nin camiño que non sépia;
Inda escoito o son doorido
Das catro campás d'a eirexa,
Cal si falando viñesen
A contarme tristes queixas.
¡Ay probe aldea..., aldeiña
De San Pedro de Moreiras,
Cantos sospiros me costas
E cantos ayes me levas!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

     Así decia un coitado
Galleguiño, alá n'América,
Cando morto de soedades
Pensaba n`a sua Aldea,

[p. 31]

¡Ay! os probiños gallegos
Moito queren á sua terra...
E van morrer sin consolo
Sempre lonxe... lonxe d'ela!!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega